O CEIP A Gándara, subcampión benxamín e alevín no Campionato provincial de Voleibol

As xogadoras do CEIP A Gándara e do colexio Escolapios que disputaron a final do campionato alevín federado de volei. (Foto cedida).
As xogadoras do CEIP A Gándara e do colexio Escolapios que disputaron a final do campionato alevín federado de volei. (Foto cedida).

•O 28 de maio, o CEIP A Gándara de Monforte participou no Campionato Provincial Federado de Voleibol benxamín e alevín, na Casa do Deporte de Lugo.
O equipo benxamín feminino proclamouse subcampión, detrás do Emevé lucense, e o Gándara B acadou o cuarto posto da categoría. En masculino, os da Gándara non puideron cumprir a revancha da final do campionato escolar, e repetiron o segundo posto diante do Emevé.
Xa na categoría de alevín, o equipo masculino da Gándara acadou un segundo posto, demostrando unha gran superioridade fronte aos seus rivais. Na proba feminina, o podio estivo copado polas monfortinas, xa que o Escolapios se proclamou campión, e as xogadoras da Gándara foron subcampionas, un excelente resultado nunha proba que congregou a un total de 10 equipos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria, sede da fase inicial do Campionato de España infantil de baloncesto masculino

Seguinte Nova

Acrílicos de Vicki Rivadulla, no Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: