Ata o 31 de xullo para enviar traballos ao Certame Poético de Quiroga

• O Certame Poético Vila de Quiroga, organizado pola Área de Xuventude do Concello, pecha o prazo de recepción de orixinais o día 31 de xullo. Presentaranse un máximo de dous poemas, en galego ou castelán, inéditos, cunha extensión entre 20 e 100 versos. Os traballos presentaranse por duplicado, escritos a dobre espazo por unha soa cara, en papel tamaño A4. Os datos autoriais presentaranse aparte en sobre pechado, incluíndo nome e apelidos, teléfono e dirección, e no exterior do sobre título da obra e categoría. Hai tres categorías: xuvenil (12-18 anos), senior (19-35 anos), dourada (de 35 anos en adiante). Deben enviarse á Casa da Cultura de Quiroga. O primeiro premio é de 100 euros e diploma, e o segundo e terceiro levarán trofeo e diploma.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Argalleiras Teatro, no Auditorio de Chantada o 1 de xullo

Seguinte Nova

Exposición no Hospital de Monforte sobre os 25 anos do Sergas

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: