Quiroga acollerá en agosto o IX Basket Training Camp, organizado polo CB Ciudad de Ponferrada

•Celebrarase do 15 ao 21 de agosto •Destinado a rapaces e rapazas entre 8 e 17 anos, en réxime interno e externo

Presentación na Casa do Concello de Quiroga do IX Basket Training Camp, coa presenza do concelleiro de Deportes de Quiroga, Andrés Novoa, e os responsables do CB Ciudad de Ponferrada, organizadores do campus. EC.
Presentación na Casa do Concello de Quiroga do IX Basket Training Camp, coa presenza do concelleiro de Deportes de Quiroga, Andrés Novoa, e os responsables do CB Ciudad de Ponferrada, organizadores do campus. EC.

• Quiroga contará este verán cunha nova iniciativa deportiva, pensada para os máis novos. O Club de Baloncesto Ciudad de Ponferrada organizará na capital da comarca do Courel a novena edición do Basket Training Camp, entre os días 15 e 21 de de agosto, coa colaboración do Concello de Quiroga.

O CAMPUS DO PONFERRADA VOLVE A ESCOLLER QUIROGA NO VERÁN
Según explicou o director deportivo do CB Ciudad de Ponferrada, Iván Cuesta, este campus servirá, por unha banda, para que os deportistas das categorías menores do clube leonés desenvolvan os primeiros traballos da pretemporada. Ademais, o campus está aberto a todos os rapaces e rapazas de entre 8 e 17 anos que queiran disfrutar do deporte da canasta, tanto en réxime interno como externo.
O IX Basket Training Camp presentouse a comezos de xuño na Casa do Concello de Quiroga. O concelleiro de Deportes, Andrés Novoa, agradeceu ao CB Ciudad de Ponferrada que volveran pensar en Quiroga para desenvolver este campus deportivo, e repetir a positiva experiencia do 2012. «Esperamos que Quiroga se convirta nunha praza fixa para este campus de verán», afirmou Novoa.

O CONCELLO DE QUIROGA OFRECE TODAS AS INSTALACIÓNS
Pola súa banda, o director deportivo do CB Ciudad de Ponferrada, Iván Cuesta, agradeceu a boa acollida do Concello de Quiroga para este campus, «foron todo facilidades para o noso clube». O Concello de Quiroga puxo a disposición do clube todas as instalacións municipais, así como o Albergue para o aloxamento dos xogadores internos.
Como novidade, os responsables do CB Ciudad de Ponferrada destacaron que este ano o Campus está aberto a xogadores externos, que participarán nos adestramentos e as actividades lúdicas, ademais do xantar do mediodía.

PROGRAMA CON ACTIVIDADES NA NATUREZA
O campus desenvolverase nas instalacións do Polideportivo municipal de Quiroga, ademais das tres pistas exteriores. Os participantes no campus disporán dunha sala de audiovisuais, e do Auditorio municipal para a gala final do campus.
O programa do IX Basket Training Camp inclúe adestramentos en horario de mañá e tarde, combinados con sesións de piscina, competicións e actividades complementarias de aventura na natureza, dixiridas por especialistas.

PREZOS E INSCRICIÓNS
O prezo de inscrición no IX Basket Training Camp para xogadores externos é de 90 euros, que inclúen comida e actividades complementarias. En réxime interno, o prezo é de 345 euros para non socios do clube, con desconto de 20 euros se o pago se realiza nun só prazo. Ademais, haberá descontos para inscricións de irmáns.
Os interesados poden recibir máis información a través do enderezo electróncio campus@ciudaddeponferrada.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O 9 de xullo será a I Carreira Popular Vila de Sarria Nocturna

Seguinte Nova

O portal web da campaña «Para estudar, Lugo» recibe nunha semana máis de 5.000 visitas de España e do estranxeiro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: