Sarria celebra o San Xoán

• Do 23 ao 26 de xuño, Sarria celebra a festividade do San Xoán con diferentes actividades. Logo dos actos do xoves 23, a programación segue o venres 24 pola tarde, co comezo, ás seis, do Maratón de Fútbol Sala no pavillón José Mario González. Ás sete, o Malecón acollerá a actuación infantil “Don Gelatti”, a cargo de Dani García. Xa ás 21,30, o público adulto terá unha cita coa comedia na Praza da Vila, onde os televisivos Touriñán, David Amor e Javier Veiga ofrecerán o espectáculo “Recuncho da comedia”. Ás once, tomará o relevo Xabier Vizcaíno, neste espazo, para continuar coas actuacións de David Prado ás doce, e Los Árboles a partir da unha. Ao mesmo tempo, na rúa Diego Pazos haberá verbena coas orquestras Enigma e Alkar, dende as dez e media. Ás doce, será a sesión de fogos de artificio.
O sábado 25 abrirase coas competicións 3×3 de Baloncesto e VIII Campionato Internacional Vila de Sarria de fútbol de veteranos, dende as dez. Ás catro e media, comezará a Carreira do Slalom no campo da feira. Tamén haberá música, cun concerto do alumnado e docentes do conservatorio Cantiga de Sarria, no Malecón, á unha da tarde, así como un adianto do Festisar 2016 na sesión vermú, que traerá á Praza da Vila aos grupos locais R.A.S. e Leyendas Bohebrias. O Festisar continuará ás nove da noite, cos grupos Flying Bungaloos, Eladio y los Míticos, Tren de Rodaxe, e Raff, entre outros. Ás sete, o Malecón acollerá un espectáculo infantil. En Diego Pazos, actuará a orquestra Poceiro ás doce.
O domingo rematará o Maratón de fútbol sala, e entregarase o Trofeo de Fútbol San Xoán de Veteranos. Tamén ás seis, os Cabezudos e Peleriños baixarán dende o Cárcere ata o Malecón, onde ás sete haberá un espectáculo infantil. Ás dez, a Aula de Teatro municipal representará teatro clásico, na Praza da Vila. As orquestras Los Satélites e Royal pecharán as festas, na rúa Diego Pazos a partir das doce.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O portal web da campaña «Para estudar, Lugo» recibe nunha semana máis de 5.000 visitas de España e do estranxeiro

Seguinte Nova

Sober aprobou un orzamento municipal de 2.350.000 euros, 400.000 máis que o ano pasado

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss