A inclusión das cláusulas sociais nas contratas da Deputación de Lugo blinda os dereitos laborais de 655 traballadores

•A incorporación destas medidas nos contratos públicos está a ser copiada polo Ayuntamiento de Madrid

Imaxe de arquivo do deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, en rolda de prensa. GPDL.
Imaxe de arquivo do deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, en rolda de prensa. GPDL.

• A protección dos dereitos dos traballadores das empresas adxudicatarias de servizos da Deputación de Lugo continúa a materializarse nos novos contratos aprobados polo organismo provincial.

INCORPORACIÓN DOS SINDICATOS NO PROCESO DE NEGOCIACIÓN
A Xunta de Goberno aprobou o pasado 17 de xuño a contratación do servizo de vixilancia do Pazo de Tor, cunha dotación de 33.577,5 euros e por un prazo de 5 meses. A particularidade deste caso foi, segundo explicou a deputada Pilar García Porto, que a Deputación incorporou por vez primeira aos sindicatos no proceso de negociación. As formacións sindicais FES-UGT, FTSP-USO, CC.OO e CIGA propuxeron 5 empresas que defenden os dereitos dos traballadores para participar neste procedemento negociado, no que a Deputación tiña que convidar a lo menos a 3 entidades. Ademais, incorporáronse cláusulas sociais a estes contratos para blindar os dereitos salariais e laborais dos 2 traballadores da entidade que resultou adxudicataria, mentres se manteña a súa relación contractual co organismo provincial.
Coa incorporación das cláusulas sociais nas contratas, a Deputación de Lugo conseguiu que hoxe estean blindados os dereitos laborais e salariais de 655 traballadores destas empresas. Segundo explicou o deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, estas medidas aplicáronse nos contratos de limpeza, beneficiando a 40 traballadores, así como no seguridade, con 20 empregados, e no de conservación de estradas, con 80. Santos Ramos precisou que estas cláusulas sociais tamén se incluíron nos contratos do programa Ben Empregado, beneficiando a 500 persoas, así como no Deporte Saudable, con 15 traballadores. “De feito, outras administracións do país, como o Ayuntamiento de Madrid, está a copiar o modelo de contratación pública que a Deputación de Lugo vén aplicando dende hai 2 anos”, suliñou Santos Ramos, no marco da Xornada sobre as Directrices de Contratación Pública, que se celebrou na capital provincial o 17 de xuño. Esta xornada foi impartida por Elena Hernáez Salguero, presidenta do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade de Madrid, que foi o primeiro tribunal en recoñecer a incorporación de cláusulas sociais na contratación pública. Hernáez gabou “o traballo pioneiro” da Deputación lucense, a primeira administración en Galicia en blindar os dereitos laborais dos traballadores das contratas, e precisou que “este é o camiño que deben seguir todas as administracións”.

CREAR EMPREGO DE CALIDADE
Santos Ramos lembrou que, con estas medidas, “a contratación pública serviu para que a Deputación crease emprego de calidade, apoiando ás empresas que o fan”. O organismo provincial esixe para a adxudicación dos traballos, “por escrito e como condicionante”, que se garantan o número de empregados e os seus dereitos “durante toda a relación contractual con esta administración”, ademais de valorar o número de traballadores con contrato indefinido, e as melloras nas condicións respecto aos convenios colectivos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober aprobou un orzamento municipal de 2.350.000 euros, 400.000 máis que o ano pasado

Seguinte Nova

Os socialistas critican que a Xunta non responda á carencia de embarcacións de emerxencia acuática na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: