A Xunta apoia a creación dunha nova Indicación Xeográfica Protexida para a carne de vaca e boi de Galicia

Reunión da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, cos responsables do sector e da IXP Ternera Gallega, na que transmitiu o apoio da Xunta a esta iniciativa. GPCMR.
Reunión da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, cos responsables do sector e da IXP Ternera Gallega, na que transmitiu o apoio da Xunta a esta iniciativa. GPCMR.

• A Xunta vén de dar o seu apoio á creación dunha nova Indicación Xeográfica Protexida (IXP) para a carne de vaca e boi de Galicia, unha iniciativa promovida polo sector da carne e pola IXP Ternera Gallega.

RAZAS GALEGAS DENTRO DESTA IXP
Segundo explicaron os responsables da Consellería de Medio Rural, o obxectivo desta nova IXP é preservar a carne de calidade procedente das vacas e bois da nosa Comunidade, así como poñer en valor este produto a nivel comercial. A nova IXP incluiría na súa protección a carne procedente das principais razas existentes no noso territorio: a Rubia Galega, Morenas Galegas, Asturiana de los Valles, Limusina, Rubia de Aquitania e Frisona, así como os cruces entre estas especies.

REQUISITOS PARA O PRODUTO
Dende a Consellería de Medio Rural lembraron os requisitos esixidos para que o produto poida estar amparado baixo esta nova Indicación Xeográfica Protexida. Por unha banda, a carne deberá presentarse madurada e refrixerada, sen que poida ser conxelada en ningún momento ao longo do proceso de obtención e comercialización. A carne amparada procederá de vacas que tiveran polo menos unha xestación antes do sacrificio, e de bois castrados antes do ano de vida que superen cando menos os 48 meses de idade ao sacrificio. Tamén se valorará que o grao de engraxamento, a conformación e as características organolépticas sexan os axeitados e típicos deste tipo de carnes.

CONTROL DA ORIXE E PROCESO DOS ANIMAIS E DO PRODUTO FINAL
Segundo o acordo, a nova Indicación Xeográfica Protexida abarca a totalidade do territorio galego. Os animais deben nacer, criarse, engordarse, sacrificarse e despezarse en Galicia, co obxectivo de preservar a orixe, a especificidade e controlar as condicións de obtención do produto. Cada fase do proceso e tipoloxía de carne constará dun etiquetado concreto.

UNIFICACIÓN DA XESTIÓN DAS IXP
En canto á xestión, está previsto o establecemento dun Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia, que se ocupará da xestión e control das carnes amparadas pola IXP Ternera Gallega e pola IXP Vaca e Boi de Galicia, baixo criterios de coordinación, aforro de custos e operatividade sectorial.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Consellería de Educación investirá máis dun millón de euros en 19 obras nos centros de ensino do sur de Lugo

Seguinte Nova

Afondando no pasado, presente e futuro das terras do Miño medio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss