Catro medallas para os deportistas do club Neka no Campionato de España de Taekwondo

•Os éxitos en técnica na gran proba nacional completáronse coa medalla de ouro en combate conseguida por Junior Martínez no Open de Basauri coa selección galega

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O mes de xuño está a completar no club Neka de Monforte unha extraordinaria tempada. Os últimos resultados ampliaron o medalleiro do equipo monfortino, ao conseguir 4 metais no Campionato de España de técnica, disputado en Castellón o pasado 11 de xuño, ao que hai que sumar o ouro de Junior Martínez en técnica, conseguido no Open de Basauri o día 18, competindo coa selección galega. En Neka apuntan moi alto, xa que o trío de categoría junior formado por Álex Camba, Carlos Rey e José Roca estivo arañando a porta da selección española de Taekwondo que competirá no Mundial de Perú, aínda que o bronce conseguido polos monfortinos non foi suficiente para cumplir este obxectivo. “O mundial será para outra ocasión, salvo sorpresa de última hora”, explicou o adestardor do Neka, José Mª Vega, “pero catro medallas nun Campionato de España é un éxito rotundo”.
Na proba nacional, Carlos Fernández logrou a prata, que supón a terceira medalla a nivel nacional deste “crack”, en palabras do seu adestrador. Pola súa banda, Laura Álvarez conseguiu a medalla de bronce, un metal que “tarde ou cedo estábamos seguros de que chegaría”, suliñou Vega. O doblete de Carlos Rey, cun bronce individual e outro en trío, sitúa a este deportista como un dos máis destacados de España. “Carlos ten agora mesmo 15 puntos no ranking da selección española, unha posición excepcional, pero nos superan un competidor de Valencia e outro de Cataluña”, precisou Vega.
Ademais deste medalleiro, este Campionato de España demostrou o alto nivel dos deportistas do Neka, que remataron a proba nacional en moi boas posicións. Marco García e Álex Camba quedaron oitavos nas súas categorías, Daniel Areán foi décimo, Carla Pardo rematou no posto doce, e Karla Novo no posto dezaseis. “Son resultados moi bos, porque todos competiron en categorías moi amplas, con case 40 participantes en cada unha, que son os mellores de España”, suliñou Vega. Pola súa banda, Elena Varela estreouse na modalidade de free style, rematando en noveno posto.
En combate, o Neka tivo presenza no Open de Basauri do 18 de xuño con Junior Martínez, que logrou o ouro competindo coa selección galega. “Junior está a moi bo nivel, e preparándose a tope para o Campionato de España, despois do verán”, precisou Vega.
Os de Neka afrontan o último compromiso da tempada o día 25, no Open Internacional de Ourense, no que participarán 35 deportistas deste club, nunha proba que servirá a moitos para irse iniciando en competición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE O SAVIÑAO SOLICITOU AO CONCELLO OBRAS DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE EN DIVERSOS PUNTOS DE ESCAIRÓN

Seguinte Nova

40 TÉCNICOS MUNICIPAIS ASISTIRON AO CURSO SOBRE A NOVA LEI DO SOLO, ORGANIZADO POLA DEPUTACIÓN DE LUGO

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: