Monforte pechará o calendario das Feiras do Libro da provincia de Lugo

•As datas da cita cos libros na rúa en Monforte serán do 24 ao 27 de agosto

Presentación das Feiras do Libro da provincia de Lugo, co delegado de Cultura da Deputación, Xosé Ferreiro; a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez Álvarez; e o presidente da Asociación de Libreiros de Lugo, Carlos Coira. GPVDL.
Presentación das Feiras do Libro da provincia de Lugo, co delegado de Cultura da Deputación, Xosé Ferreiro; a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez Álvarez; e o presidente da Asociación de Libreiros de Lugo, Carlos Coira. GPVDL.

• A mediados de xuño, tivo lugar na capital provincial a presentación do programa de Feiras do Libro da provincia de Lugo. Logo da celebración da correspondente feira na cidade da Muralla o pasado mes de maio, as vindeiras citas co libro na rúa serán en Viveiro, Foz e Monforte, ao longo da segunda quincena de agosto.

ACTOS COA COLABORACIÓN DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN
Na presentación destes eventos culturais participaron o delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro; a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez Álvarez; e o presidente da Asociación de Libreiros de Lugo, Carlos Coira.

MÁIS DINAMIZACIÓN PARA TODOS OS PÚBLICOS
Ferreiro destacou a colaboración da Área de Cultura da Deputación coa organización do calendario de Feiras do Libro da provincia, así como o apoio que está a ofrecer á Asociación de Libreiros de Lugo dende este ano, co fin de «tratar de incentivar a asistencia ás Feiras con actividades de dinamización máis atractivas e suxerentes para o público». Os responsables do calendario de Feiras do Libro da nosa provincia explicaron que, ademais das presentacións de libros, haberá actividades similares ás desenvolvidas na Feira da capital provincial, como contacontos, animación á lectura ou monólogos, tanto para público infantil como adulto.
A Feira do Libro de Viveiro será do 12 ao 15 de agosto. Foz tomará o relevo do 18 ao 21 de agosto, e finalmente, Monforte rematará o calendario, coa súa Feira do Libro do 24 ao 27 de agosto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Afondando no pasado, presente e futuro das terras do Miño medio

Seguinte Nova

O Concello de Monforte recupera a fonte da explanada da Compañía logo de 8 anos sen funcionar

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: