O Campus do Celta volve a Monforte no verán

O alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación do Campus Celta, co técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez, e os responsables da Fundación Celta de Vigo, o 20 de xuño. GPCM.
O alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación do Campus Celta, co técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez, e os responsables da Fundación Celta de Vigo, o 20 de xuño. GPCM.

• Entre os días 1 e 5 de agosto, celebrarase en Monforte unha nova edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte, que organiza o Concello en colaboración coa Fundación Celta de Vigo. Este campus, un dos que máis interese desperta, ano tras ano, na programación deportiva que propón o Concello para o verán, está dirixido a nenos e nenas entre 7 e 14 anos. O Campus desenvolverase nas instalacións do Campo Municipal Luis Bodegas, de 10 a 13 horas.

CONCILIACIÓN E DIVERSIÓN
Según explicou o alcalde, José Tomé, na presentación do Campus, esta actividade “é unha maneira de axudar ós pais a conciliar a vida familiar e laboral”. O alcalde lembrou tamén que “o Celta é un clube moi querido en Monforte e na comarca, por ese motivo os nenos viven con moita ilusión todo o que aprenden no Campus”.
O coordinador xeral das Escolas da Fundación Celta de Vigo, Diego Sarabia, explicou que o Campus vai ser unha mistura de multideporte, e os rapaces estarán asistidos polos adestradores do Celta.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

40 TÉCNICOS MUNICIPAIS ASISTIRON AO CURSO SOBRE A NOVA LEI DO SOLO, ORGANIZADO POLA DEPUTACIÓN DE LUGO

Seguinte Nova

En marcha a nova tempada do Tren Turístico da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss