•A comezos de xuño quedaron rematadas as obras de humanización da contorna da capela de Mer
• A comezos de xuño, o Concello de Sober completaba os traballos de humanización da contorna da capela de Mer, con cargo á Area de Rehabilitación Integral e co financiamento do Ministerio de Fomento, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, 3 a aportación do Consistorio do 60% do importe total.
DETALLE DAS OBRAS
Os traballos consistiron na renovación do pavimento do entorno da capela con adoquín, e na construción das escaleiras e a rampla de acceso.
Así mesmo, reconstruíuse o muro de cantería que bordea o recinto da igrexa, colocouse mobiliario urbano, instaláronse luminarias de baixa contaminación e unha xardineira de cantería.
“INTERESE DO GOBERNO LOCAL POLA MELLORA DO RURAL”
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destacou que estas actuacións, “executadas por empresas da localidade, cambian por completo o entorno da capela”. O alcalde precisou que estas obras “confirman o interese e a aposta do Goberno local polo rural e a mellora de todos os núcleos de Sober”.•