•A cita coa historia e o espíritu do pobo guímaro celebrarase ao longo do sábado 9 de xullo
• O sábado 9 de xullo, A Pobra do Brollón celebrará, por terceiro ano consecutivo, a súa cita coa historia local e o espíritu do pobo guímaro.
REVOLTA DO POBO GUÍMARO FRONTE AO CONDE DE LEMOS
A III Feira Medieval Guímara convertirá o campo da feira de A Pobra no reloxio do tempo, no que se poderá revivir a revolta dos guímaros fronte ás tropas do Conde de Lemos, cando estes ían cobrar os seus abusivos tributos feudais. A vistosa posta en escea reflexa a realidade histórica e social dunha loita desigual, na que os guímaros, que gozaban da protección real fronte á nobleza e o clero, defenden os seus dereitos con paus, sachos e outros apeiros de labranza, diante dos ben armados soldados do Conde de Lemos. Aos representantes dos poderes fácticos de nada lles valeu o seu poderío de ferro fronte ao espíritu rebelde do pobo guímaro. O grande atractivo da Feria Medieval Guímara é a recreación desta loita por parte dos veciños e veciñas de A Pobra do Brollón, nun entorno natural de gran beleza, que ofrece o mellor dos escenarios para esta lembranza histórica.
DEMOSTRACIÓNS DE ARTESANÍA, CETRERÍA E REVOLTA GUÍMARA
A xornada festiva comezará o sábado ás once e media, coa apertura dos postos da feira e a lectura do pregón da III Feira Medieval Guímara, a cargo do guímaro Rafael Castillo. Xa ás 12, terá lugar a representación da revolta guímara, a cargo dos veciños e veciñas de A Pobra do Brollón. A continuación, comezarán as demostracións de diversos oficios artesanais. Unha das disciplinas máis espectaculares do Medievo, a cetrería, tamén estará presente na Feira Guímara, cunha exhibición a cargo de Falcóns Galicia. A música tradicional estará presente a partir da unha da tarde, cos pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Ervedo.
DRAMATIZACIÓN HISTÓRICA POLO ALUMNADO DO COLEXIO DE A POBRA
A recreación histórica voltará a primeira hora da tarde do sábado, cando o alumnado do colexio de A Pobra do Brollón ofrecerá unha dramatización de época, a partir das catro e media. A ambientación medieval continúa no espazo do campo da feira, con diversas demostracións dos oficios tradicionais, e ás seis haberá unha nova exhibición de cetrería, á que seguirá, xa a partir das sete da tarde, unha sesión de xogos tradicionais.
FIN DE FESTA CON MÚSICA, ZANCUDOS E COMBATE MEDIEVAL
O remate da III Feira Medieval Guímara contará con música e espectáculo. A partir das nove da noite, terá lugar a actuación de Troula Animación, con percusión e zancudo. O fin de festa será a partir das once, con un combate medieval a cargo de Hípica Celta.•