A Feira Medieval Guímara cumple a súa terceira edición

•A cita coa historia e o espíritu do pobo guímaro celebrarase ao longo do sábado 9 de xullo

Imaxe de arquivo da pasada edición da Feira Medieval Guímara, coa escenificación, a cargo de veciños e veciñas de A Pobra do Brollón, da revolta dos guímaros fronte ás hostes do Conde de Lemos.  Arquivo EC
Imaxe de arquivo da pasada edición da Feira Medieval Guímara, coa escenificación, a cargo de veciños e veciñas de A Pobra do Brollón, da revolta dos guímaros fronte ás hostes do Conde de Lemos.
Arquivo EC

• O sábado 9 de xullo, A Pobra do Brollón celebrará, por terceiro ano consecutivo, a súa cita coa historia local e o espíritu do pobo guímaro.

REVOLTA DO POBO GUÍMARO FRONTE AO CONDE DE LEMOS
A III Feira Medieval Guímara convertirá o campo da feira de A Pobra no reloxio do tempo, no que se poderá revivir a revolta dos guímaros fronte ás tropas do Conde de Lemos, cando estes ían cobrar os seus abusivos tributos feudais. A vistosa posta en escea reflexa a realidade histórica e social dunha loita desigual, na que os guímaros, que gozaban da protección real fronte á nobleza e o clero, defenden os seus dereitos con paus, sachos e outros apeiros de labranza, diante dos ben armados soldados do Conde de Lemos. Aos representantes dos poderes fácticos de nada lles valeu o seu poderío de ferro fronte ao espíritu rebelde do pobo guímaro. O grande atractivo da Feria Medieval Guímara é a recreación desta loita por parte dos veciños e veciñas de A Pobra do Brollón, nun entorno natural de gran beleza, que ofrece o mellor dos escenarios para esta lembranza histórica.

DEMOSTRACIÓNS DE ARTESANÍA, CETRERÍA E REVOLTA GUÍMARA
A xornada festiva comezará o sábado ás once e media, coa apertura dos postos da feira e a lectura do pregón da III Feira Medieval Guímara, a cargo do guímaro Rafael Castillo. Xa ás 12, terá lugar a representación da revolta guímara, a cargo dos veciños e veciñas de A Pobra do Brollón. A continuación, comezarán as demostracións de diversos oficios artesanais. Unha das disciplinas máis espectaculares do Medievo, a cetrería, tamén estará presente na Feira Guímara, cunha exhibición a cargo de Falcóns Galicia. A música tradicional estará presente a partir da unha da tarde, cos pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Ervedo.

Demostracións dos oficios tradicionais na Feira Guímara.  Arquivo EC.
Demostracións dos oficios tradicionais na Feira Guímara. Arquivo EC.

DRAMATIZACIÓN HISTÓRICA POLO ALUMNADO DO COLEXIO DE A POBRA
A recreación histórica voltará a primeira hora da tarde do sábado, cando o alumnado do colexio de A Pobra do Brollón ofrecerá unha dramatización de época, a partir das catro e media. A ambientación medieval continúa no espazo do campo da feira, con diversas demostracións dos oficios tradicionais, e ás seis haberá unha nova exhibición de cetrería, á que seguirá, xa a partir das sete da tarde, unha sesión de xogos tradicionais.

FIN DE FESTA CON MÚSICA, ZANCUDOS E COMBATE MEDIEVAL
O remate da III Feira Medieval Guímara contará con música e espectáculo. A partir das nove da noite, terá lugar a actuación de Troula Animación, con percusión e zancudo. O fin de festa será a partir das once, con un combate medieval a cargo de Hípica Celta.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación achega 130.000 euros para a organización do Resurrection Fest, o festival de hardcore referente en España

Seguinte Nova

O Concurso Nacional Hípico de Saltos reune en Sarria a máis dun milleiro de persoas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: