• Do 16 ao 24 de xullo, Sarria vai acoller a preto de 150 mozos e mozas que participarán no VIII Campus Baloncesto no Camiño.
ADESTRADORES DE GRAN NIVEL
Esta nova edición do Campus, dirixida un ano máis por Miguel Ángel Hoyo, contará con adestradores de primeiro nivel. Cabe destacar a incorporación ao plantel de técnicos aos adestradores daneses Michael Lunde e Mads Olesen, así como as sesións técnicas impartidas por profesionais da talla de Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro, na que é a súa terceira visita ao Campus de Sarria.Tamén haberá sorpresas, con visitas de xogadores profesionais, que comentarán a súa experiencia cos participantes.
O VIII Campus Baloncesto no Camiño conta coa colaboración do Concello de Sarria e o CB Sarria.•