A Deputación tratará de activar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

• Durante a inauguración en Monforte da convención de Cidades Creativas, celebrada a principios de xullo, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, anunciou que vai tratar de activar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Con este fin, Campos Conde vai convocar en Lugo aos responsables da Deputación de Ourense, a Valedora do Pobo e a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura, para desbloquear a situación.

O mandatario provincial explicou que decidiu tomar a iniciativa neste tema, posto que se vai cumprir un ano dende que se pediu a colaboración da Xunta, sen ter recibido resposta.
Campos Conde lembrou que a Deputación de Lugo “apostou hai tempo por acadar a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, proxecto ao que se sumou a Deputación de Ourense”. O mandatario provincial explicou que “xuntos acudimos ao Valedor do Pobo para elaborar, con un equipo de expertos, a documentación necesaria”. Campos Conde precisou que presentaron dita documentación á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, departamento responsable de elevar esta candidatura ao Ministerio de Cultura, quen o dirixirá á UNESCO. Patrimonio respondeu que era necesario facer modificacións, o equipo de expertos do Valedor respondeulle, solicitando colaboración, “pero pasou un ano e aínda nada se sabe, nin contactaron con ningunha administración”, precisou Campos Conde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Exposición en Bóveda do monfortino Fran Rivas

Seguinte Nova

Renovado todo o equipamento do parque de bombeiros de Monforte cun novo camión nodriza

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss