• O primeiro de xullo, Sarria converteuse na primeira parada deste mes que está a facer a campaña «A Ruleta da Sorte» polas vilas da provincia de Lugo.
Esta iniciativa, promovida pola Federación do Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES), Abanca e a Xunta de Galicia, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo.
Todos os clientes que realizaron algunha compra nos establecementos asociados a ACES-Sarria durante o 1 de xullo puideron xirar a ruleta, ubicada na confluencia do bulevar Calvo Sotelo con Vázquez Queipo. Os participantes optaron a moitos premios e agasallos, así como a tarxetas-regalo por valor de 50 euros, para volver mercar no comercio asociado.
A «Ruleta da Sorte» continúa o seu percorrido de premios por Lugo, con parada en Taboada o día 8, e en Vilalba o 15 deste mes.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán