• O pasado 1 de xullo comezou a tempada estival nas Piscinas Municipais de Sober, abertas en horario de 13 a 21 horas.
TARIFAS E BONOS
A entrada ten un prezo de 2,50 euros para adultos, e de 1,50 euros para nenos e nenas de 6 a 14 anos, sendo de balde para menores de 6 anos. O Concello de Sober tamén ofrece unha serie de bonos individuais, familiares e infantís, con prezos especiais por mes. O bono familiar é de 40 euros ao mes, o infantil de 20 euros, e o individual de 30. Para solicitar estes bonos, haberá que presentar certificado de convivencia ou fotocopias do DNI de todos os membros.
O Concello de Sober organiza unha serie de actividades nas piscinas municipais. O curso de natación infantil e adulto será os martes e xoves ás 16 horas. Tamén haberá aquagym e bibliopiscina. Os máis cativos poden anotarse nos obradoiros de pintura que imparte Alejandro Ciurlini os mércores ás 19 horas, con prazas limitadas. Así mesmo, están previstas varias festas acuáticas con inchables. Todas as actividades son gratuítas, aínda que é preciso inscribirse previamente nas instalacións das piscinas.
OBRADOIRO DE BAILES DE SALÓN
Tamén, do 18 ao 28 de xullo o Concello organiza un obradoiro de bailes de salón, ás 20 horas, no Centro Sociocultural. A inscrición é de 10 euros.•