• Como todos os anos, o Concello de Pantón ofrece unha serie de actividades para os máis cativos, buscando un espazo de lecer para os rapaces e rapazas e, ao mesmo tempo, unha oportunidade de conciliación laboral e familiar para os seus pais e nais. As actividades, dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos, desenvolveranse do 15 de xullo ao 30 de agosto, os martes e xoves. A quenda para os maiores, de 7 a 12 anos, corresponderá á franxa horaria de 10,30 a 12 horas. Os máis novos, de 3 a 6 anos, disfrutarán das actividades en horario de 12 a 13,30 horas. O prezo total da actividade é de 20 euros.
Ademais, o Concello de Pantón organiza un curso de natación nas piscinas municipais, de iniciación e perfeccionamento. As clases serán os luns, mércores e venres, de 12 a 12,45 horas para os nenos e nenas maiores de 7 anos, e de 12,45 a 13,30 horas para os nenos e nenas entre 3 e 7 anos. O prezo do curso é de 30 euros. As inscricións, tanto do curso de natación como das actividades de verán, formalizaranse no segundo andar do Edificio Sociocultural. Ao inscribirse, é preciso indicar o IBAN da conta do titular na que se cargará o recibo.•