Amplo programa de actos o 14 de xullo na XIV Feira Tradicional Outrora en Rubián

•Este ano, a Concentración de Bicicletas Antigas acollerá tamén motos • Todos os participantes recibirán un agasallo e unha consumición gratis •De premio, unha comida na feira para dúas persoas

A segunda edición da Concentración de Bicicletas Antigas da XIV Feira Tradicional Outrora amplíase tamén a motos antigas. Os participantes recibirán un agasallo e unha consumición de balde na feira.  Arquivo EC
A segunda edición da Concentración de Bicicletas Antigas da XIV Feira Tradicional Outrora amplíase tamén a motos antigas. Os participantes recibirán un agasallo e unha consumición de balde na feira.
Arquivo EC

• A cita coa viaxe no tempo na feira de Rubián volve, un ano máis, o vindeiro 14 de xullo, coa décimo cuarta edición da Feira Tradicional Outrora. A imaxe promocional, resultante do fallo do V Concurso de Carteis organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Bóveda, recaeu no deseño presentado por Silvia González Sánchez, natural de Bóveda.

A CONCENTRACIÓN DE BICICLETAS E MOTOS ANTIGAS, TODO UN MUSEO DE VEHÍCULOS DE DÚAS RODAS
Ademais, este ano a organización apostou por reforzar a Concentración de Bicicletas Antigas, evento que se estreou con gran éxito na pasada edición, e que este ano incorpora tamén ás motos antigas. A inscrición pode realizarse nas oficinas do Concello de Bóveda antes do 14 de xullo, e tamén o propio día da Feira antes das 11,00 horas. Como gran atractivo, ademais da vistosidade das pezas que se poderán contemplar neste museo improvisado dos vehículos de dúas rodas, todos os participantes recibirán un agasallo e consumición gratis. A organización da II Concentración de Bicicletas e Motos Antigas establece dúas categorías de premios, para a moto e bicicleta máis antiga ou mellor conservada, e para a moto e bicicleta antiga máis orixinal e curiosa. Cada premio consiste nunha comida na feira de balde para dúas persoas. Este evento está organizado polo Concello de Bóveda, coa colaboración da Asociación de Veciñ@s A Lagoa de Rubián, e a Asociación Nacional de Bicicletas Antiguas y Clásicas.

PROGRAMA DA XIV FEIRA TRADICIONAL OUTRORA
Os actos da XIV Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda desenvolveranse ao longo do xoves 14 de xullo. A xornada comezará ás 10,30 coa apertura das exposicións ao público. A partir das 11, terá lugar a II Concentración de Bicicletas e Motos Antigas, e o público poderá disfrutar dos diferentes modelos históricos sobre dúas rodas, mentres escoitan os pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Gaitas. Ás doce, comezará a actuación do Grupo Municipal de Danza, e ás doce e media voltará a música, cun concerto da Banda Juan Montes, de Taboada. Á unha e media, terá lugar a entrega dos premios da II Concentración de Bicicletas e Motos Antigas.
Xa pola tarde, ás catro comezarán os obradoiros artesanais infantís, e ás cinco e media terá lugar o espectáculo de monicreques «Vacacións no mar», a cargo de Mircromina Títeres. A Festa da Espuma comezará ás seis e media, e ás sete e cuarto terá lugar a actuación do Grupo de Fiandeiras Bolboreta, para continuar con xogos tradicionais interxeracionais. Ás oito e media, celebrarase a singular recreación etnográfica da Malla. Ás nove e cuarto, proxectarase o audiovisual «A construción dun carro galego», que se completará cun concerto da Coral de Bóveda. Xa ás dez e media, terá lugar a tradicional degustación do Isco no Guizo, e a xornada rematará coa Noite do Pasodobre, a partir das once menos cuarto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O IES A Pinguela acadou o premio do X Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

Seguinte Nova

O Concello de Monforte realizou traballos de mantemento no campo de fútbol de A Pinguela

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: