Chantada acolle a primeira residencia de documentalistas «Confrontando a Ribeira Sacra»

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

•Entre xuño e agosto, e ao longo de dúas semanas, estase a desenvolver en Chantada o proxecto “Confrontar a Ribeira Sacra”, baixo o formato de residencia documental.

PROFESIONAIS INDEPENDENTES DE GRAN EXPERIENCIA
Esta iniciativa, que está a ser estreada na zona da man de Airoá Comunicación, contará coa presenza Gonçalo Mota e Miren Gurutze, dous destacados profesionais independientes, con formación en Antropoloxía e experiencia como cineastas rurais e documentalistas.

“UNHA NOVA MIRADA PARA IMAXINAR O FUTURO DA ZONA”
Esta primeira edición da residencia documental en Chantada ten como obxectivo “buscar unha nova mirada sobre aspectos relacionados coa paisaxe, o patrimonio, aspectos socioeconómicos e outros ámbitos de interese particular da zona que se atopen problematizados”, según explicaron os responsables de Airoá Comunicación.
No caso da Ribeira Sacra, a atención está posta na busca dunha “nova mirada” sobre a paisaxe, o patrimonio, e aspectos socioeconómicos e recursos, xa que “alén da promoción turística, é pertinente a activación de dispositivos que favorezan puntos de vista diversos, e albisquen lugares comúns, de cara a imaxinar novas estratexias para o futuro da zona.

INTERCAMBIO E POSTA EN COMÚN
Para levar a cabo este traballo, a residencia documental baséase no intercambio do background das persoas participantes, contrapoñendo miradas e a creatividade coa que se van enfocar os diversos chanzos da produción, según explicaron dende Airoá Comunicación. Deste xeito, será factible acadar un marco de reflexión “idóneo para construír un punto de vista único sobre o tema, e acadar a mellor versión fílmica posible para tratalo”.
Nesta residencia documental, Mota e Gurutze convivirán durante dúas semanas con membros de Airoá Comunicación, que se van a encargar da produción e de aportar toda a documentación sobre o tema.

COLABORACIÓNS
Esta primeira residencia documental conta co apoio de Hotel Mogay e Brasería A Faragulla, así como de Adegas Amedo, Televinte e Pinancho Audiovisuais. Dende Airoá Comunicación destacaron tamén a colaboración de Arturo García e o Museo do Ferrocarril de Monforte, Francisco Xavier Almuíña, Fernando Ibarra, Victoria Fernández Fernández e Luísa Rubines, denro dunha “rede de persoas que entenderon que Confrontar a Ribeira Sacra é unha tarefa urxente e tamén prometedora”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

150 participantes disfrutarán do basket en Sarria no VIII Campus Baloncesto no Camiño

Seguinte Nova

ACTIVIDADES DE VERÁN NO CONCELLO DE PANTÓN

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss