Conta atrás para a quinta edición do DHU Vila de Sarria 2016

•A xa tradicional cita co enduro urbán en Sarria celebrarase os días 23 e 24 de xullo

• Os días 23 e 24 de xullo, as rúas de Sarria acollerán o V DHU Vila de Sarria 2016, con diversas probas nesta espectacular especialidade deportiva.

DATAS E PERCORRIDO DO DESCENSO URBANO
Na modalidade DHU, os adestramentos comezarán o día 23 a partir das cinco, e ata as oito da tarde. Xa o 24, voltarán os adestramentos de dez a dúas do mediodía, e a carreira disputarase dende as catro ata as sete, nun percorrido que ten saída dende o campo da feira, o camiño diante da capela do Salvador, e a rúa Maior, para continuar xunto á igrexa de Santa Marina, baixar pola escalinata para embocar na Avenida Benigno Quiroga e rematar coa meta no Malecón. A primeira manga do percorrido arrancará ás catro, e a segunda ás cinco e media.

CONCURSO DE SALTOS DIRT
Pola súa banda, na modalidade Dirt adestrarán no mesmo horario que o descenso urbano, e na mesma xornada do día 23, a partir das oito da tarde, terá lugar o concurso de saltos no circuito permanente do Mazadoiro.

CONCURSO PUMPTRACK
Neste mesmo emprazamento, desenvolverase a modalidade Pumptrack. O día 23, en horario de cinco a oito da tarde, serán os adestramentos para cativos e adultos. A partir das oito, iniciarase a carreira Pumptrack para nenos a partir de 6 anos, e adultos.
As inscricións para os concursos Dirt e Pumptruck formalizaranse a través da web www.dhgteam.es.
O V DHU Vila de Sarria está organizado polo DHG Team, a concellería de Deportes do Concello de Sarria, e a Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os deportistas do Neka culminan a tempada con 20 medallas no Torneo de Ourense de Taekwondo

Seguinte Nova

Aberto o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: