Feijóo destacou o atractivo turístico que supuxo a declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade

•O presidente da Xunta participou no acto conmemorativo do primeiro aniversario do recoñecemento mundial desta ruta xacobea

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante a celebración do primeiro aniversario da declaración do Camiño do Norte como Patrimonio Mundial da UNESCO. GPXG.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante a celebración do primeiro aniversario da declaración do Camiño do Norte como Patrimonio Mundial da UNESCO. GPXG.

• Este mes cúmplese un ano da declaración dos Camiños do Norte e Primitivo a Santiago como Patrimonio Mundial da UNESCO. No acto conmemorativo desta efeméride, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a nosa Comunidade está a aproveitar este recoñecemento mundial para atraer cada vez máis turistas, e dotar a estas rutas de máis servizos á disposición dos peregrinos.

A DECLARACIÓN DE PATRIMONIO DA HUMANIDADE, “UNHA RESPONSABILIDADE ADQUIRIDA CO MUNDO”
Así mesmo, Núñez Feijóo suliñou que detrás desta distinción, lograda hai un ano, “non só hai un recoñecemento internacional, senón tamén un impulso a unha das nosas principais actividades económicas”. O presidente da Xunta precisou que esta distinción se trata sobre todo “dunha responsabilidade adquirida co mundo”, e que nos converte en “gardiáns dun símbolo, o Camiño, que trascende ao noso territorio e tempo, e que temos a obriga de preservar”. O mandatario autonómico afirmou que “os galegos albergamos no noso territorio un símbolo capaz de transmitirlle á humanidade o seu ben máis prezado, a esperanza”.

O CAMIÑO, “SÍMBOLO DE DIÁLOGO” E “BASTÓN PARA SOSTER OS PRINCIPIOS BÁSICOS DA HUMANIDADE”
Núñez Feijóo destacou o carácter universal e pioneiro do Camiño de Santiago, xa que antes de que se consolidara o fenómeno da globalización ou as institucións europeas, o Camiño xa era “un símbolo de diálogo”. “As rutas xacobeas sempre foron un bastón para soster principios básicos da humanidade”, precisou o titular autonómico, e apelou ao Camiño como “resposta” ante as dúbidas que podan xurdir arredor do proxecto europeo, a posibilidade de manter un contexto pacífico no mundo ou a propia crise económica.
Na súa intervención, Núñez Feijóo lembrou as boas cifras que está a acadar o sector turístico en Galicia, e que entendeu como “o resultado, en boa medida, da acción colectiva, presidida polo Plan Director do Camiño”, que está permitindo dotar a estas rutas dun maior coñecemento e atractivo para o turista. Feijóo tamén fixo referencia ao reforzo da oferta de albergues e da dotación de máis servizos aos peregrinos, a través do Plan de dotación de cabinas para os alugueiros e a conexión wifi.
O ano pasado, medrou nun 38% o número de peregrinos que chegaron a Compostela polo Camiño Primitivo, ata acadar os 11.428 visitantes. Pola súa banda, o Camiño do Norte rexistrou preto de 15.900 peregrinos o ano pasado. Estas cifras están a consolidarse, xa que, no que vai de ano, 4.000 peregrinos optaron polo Camiño Primitivo, e 5.000 o Camiño do Norte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Fin de curso no Espazo Xove de Chantada

Seguinte Nova

Aberto ata o 14 de xullo o prazo para participar na 18ª Mostra de Artesanía Local Artelemos

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: