Fin de curso no Espazo Xove de Chantada

•O teatro e unha exposición dos traballos de artesanía e pintura realizados nestes meses puxeron o broche de ouro a un curso cheo de actividades

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O Espazo Xove de Chantada vén de poñer fin ao curso, cun balance de participación que ronda as 200 persoas. As actividades, dirixidas aos mozos e mozas entre 10 e 30 anos, ofrecen unha ampla variedade de disciplinas lúdicas e formativas, como a artesanía, a informática coas súas diversas aplicacións, o teatro ou a prática deportiva, nunha intensa programación semanal, en horario de tarde, dende o mes de outubro ata xuño.

CREATIVIDADE ARTÍSTICA
Para os amantes da creatividade artística, o Espazo Xove acolleu actividades de pintura ao óleo, debuxo técnico, obradoiro de monicreques, reciclaxe ou cesterámica. Parte dos traballos realizados nestas sesións integran a exposición que foi inaugurada na Casa da Xuventude o pasado 21 de xuño, coincidindo cos actos de celebración da fin de curso.

NOVAS TECNOLOXÍAS
As novas tecnoloxías tamén tiveron a súa quenda no Espazo Xove de Chantada. Durante o curso 2015-2016, desenvolvéronse actividades de fotografía dixital, Enredados na Rede, e obradoiros de sistemas operativos e redes TCP/IP. A curiosidade científica aplicada á vida cotiá tamén tivo espazo na programación para a mocidade de Chantada, a través do obradoiro de inventos.

BENESTAR FÍSICO E LECER CREATIVO
O Espazo Xove tamén ten en conta o benestar físico, incorporando actividades como step, batuka ou bailes de salón. A expresión corporal foi un elemento moi traballado nas sesións do Grupo de Teatro da Casa da Xuventude, no que tamén se poñen en marcha elementos como a memorística, a creatividade e a empatía de grupo. O resultado de ambos itinerarios foi a gala fin de curso, coa estrea da obra de teatro “A historia do galo Kirico”, complementada cunha coreografía musical a cargo do alumnado de step, batuka e bailes de salón.
Ademais das actividades propias, a Casa da Xuventude acolleu exposicións, encontros, xornadas monográficas e representacións teatrais.•

•EN MARCHA A EXPOSICIÓN DE PACO OTI, E O CURSO DE SPOKEN ENGLISH

• O verán comeza na Casa da Xuventude con arte e idiomas. Ata o 29 de xullo pode verse, en horario de tarde, a exposición “Cadriños Bio-Gráficos”, asinada por Paco Oti. Este humorista gráfico, de longa traxectoria dende o ano 1977, está vinculado tamén ao teatro. Oti, que desenvolveu durante varios anos a labor de animador sociocultural no Concello de Chantada, volveu nos últimos anos ao debuxo e a pintura, cuxos resultados poden verse na exposición da Casa da Xuventude.
Os idiomas centran tamén a actividade deste verán. Dende a última semana de xuño, está en marcha na Casa da Xuventude a actividade “Spoken English”, que integra clases de conversa de xeito lúdico, con xogos, debates ou rolplays, entre outros formatos. A actividade é os mércores, de 17 a 19 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Conta atrás para a I Festa Irmandiña de Sarria

Seguinte Nova

Feijóo destacou o atractivo turístico que supuxo a declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: