Monforte segue a ser unha cidade segura

•Nas conclusións da Xunta Local de Seguridade, os parámetros de delincuencia de Monforte mantéñense respecto ao ano anterior, cun lixeiro ascenso nos delitos rexistrados en fogares

A reunión da Xunta Local de Seguridade tivo lugar no Concello de Monforte, coa presenza do alcalde, José Tomé, e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, así como os responsables dos corpos de seguridade. GPCM.
A reunión da Xunta Local de Seguridade tivo lugar no Concello de Monforte, coa presenza do alcalde, José Tomé, e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, así como os responsables dos corpos de seguridade. GPCM.

• Monforte continúa a ser unha cidade segura, conforme ás conclusións da Xunta Local de Seguridade, que se reuniu na Casa Consistorial o pasado 30 de xuño. Na xuntanza ordinaria estivo presente o alcalde de Monforte, José Tomé; o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; e os representantes dos distintos corpos de seguridade. “Esta reunión serviu para constatar que Monforte é unha cidade segura e, en xeral, os parámetros de delincuencia son similares ós de anos anteriores”, explicou o alcalde de Monforte ao remate da xuntanza.

MÁIS DELITOS EN FOGARES, E MÁIS DENUNCIAS POR VIOLENCIA DE XÉNERO QUE O ANO PASADO
Tomé puntualizou que a zona de copas de Duquesa é onde se concentran a maior parte dos controis de seguridade. Ademais, o rexedor local destacou que, a pesar da seguridade que hai nas rúas, detectouse este ano un lixeiro repunte no número de delitos rexistrados nos fogares. Por outra banda, as cifras de violencia de xénero tamén medraron no municipio monfortino. “O pasado ano houbo 18 denuncias por violencia de xénero, e neste 2016 o dato ascende a 25”, precisou Tomé.
O alcalde de Monforte anunciou que este verán o Concello reforzará os efectivos da Policía Local con tres auxiliares máis. Ademais, a Policía Nacional controlará periodicamente a zona do Mercadillo dominical para evitar altercados e colaborar coa Policía Local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CONCELLO DE BÓVEDA ORGANIZA ACTIVIDADES PARA ADULTOS E INFANTIL NO VERÁN.

Seguinte Nova

A «Ruleta da Sorte» repartiu premios en Sarria

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: