Novo éxito da tradicional cita co baloncesto no San Xoán de Sarria

•O Torneo 3×3 San Xoán, organizado polo CB Sarria, contou coa participación de 18 equipos de Lugo, Monforte e da vila xacobea

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Sarria volveu a poñer o deporte como protagonista das festas do San Xoán, nas que o baloncesto ocupa unha das citas máis importantes, organizada polo CB Sarria. O Torneo 3×3 San Xoán congregou, o sábado 25 de xuño, a un total de 18 equipos procedentes de Lugo e Monforte, así como da propia vila xacobea.

CONFRATERNIDADE E LECER EN TORNO Á PAELLA XIGANTE
A xornada baloncestística comezou en torno ás dez da mañá no pavillón Novo Chanto, cun descanso ao mediodía para disfrutar da paella xigante que, un ano máis, ofreceu o club de baloncesto sarrián. Neste xantar, os participantes poden disfrutar dun momento de descanso e lecer, repoñendo forzas nunha xuntanza de fraternidade.

OS LUCENSES CIRCUS SHOT, INVICTOS NO TORNEO 3X3 SAN XOÁN 2016
No aspecto deportivo, o equipo gañador do Torneo 3×3 San Xoán foi o Circus Shot, formación lucense integrada polos irmáns Erik e Sergi Quintela, Guillermo Pereiro e Charles Nkaloulou. Os lucenses arrasaron no torneo sarrián, gañando os oito partidos disputados, incluída a final, cun resultado de 21-11. O segundo posto correspondeu aos Barrigas Verdes, equipo integrado por Rubén Coco, Rubén Pernas, Alberto Ares e Pablo Villar, que só sufriron unha derrota en toda a xornada. O equipo Orejas y Manos logrou a terceira posición, grazas á boa actuación dos lucenses Seydou Aboubacar, Pedro Abuín, Javier Morandeira e Jacobo Melchor.

TRIUNFO LOCAL NA FINAL B
Na final B, o triunfo foi para os xogadores locais do equipo La Casa del Abuelo, formado por Juan Somoza, César López, Pedro García, e Diego Arias.

MÁIS PREMIOS
Na competición feminina, as gañadoras foron Las Supremas, equipo integrado polas sarrianas Lucía López, Alba Somoza, Clara López e Mara Mariño. Pola súa banda, o concurso de triples dirimiuse entre o local Iago Castro e o lucense Erik Quintela, que terminou gañador.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Renovado todo o equipamento do parque de bombeiros de Monforte cun novo camión nodriza

Seguinte Nova

DENDE XULLO ATA FINAIS DE SETEMBRO, ÉPOCA DE ALTO PERIGO DE INCENDIOS FORESTAIS.

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss