O Concello de Monforte realizou traballos de mantemento no campo de fútbol de A Pinguela

Imaxe dos traballos de mantemento realizados polo Concello no campo municipal de A Pinguela, a finais do mes de xuño. GPCM.
Imaxe dos traballos de mantemento realizados polo Concello no campo municipal de A Pinguela, a finais do mes de xuño. GPCM.

• Ao longo da última semana de xuño, o Concello de Monforte desenvolveu diversos traballos de mantemento e rexeneración do campo municipal de fútbol de A Pinguela. Según explicaron dende o Consistorio, os traballos teñen como obxectivo adecuar o céspede para que estea nas mellores condicións de cara á vindeira tempada deportiva.
Os traballos requiriron dunha maquinaria específica, a cargo de persoal especializado da empresa adxudicataria. O importe desta actuación foi de algo máis de 7.000 euros.
Según explicaron os responsables municipais, a superficie de xogo do campo municipal de A Pinguela foi mellorada cun aireado do terreo, para osixenar a terra que sostén a capa de herba. A continuación, procedeuse ao escarificado, para limpar a superficie de restos vexetais acumulados durante a tempada, e que dificultan a penetración da auga e o abono ata as raíces do céspede. Os buratos que puideran quedar despois destas operacións foron cubertos cun recebado de area, e completouse a operación co resementado de herba e a aplicación do abono necesario para que medre no tempo preciso. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Amplo programa de actos o 14 de xullo na XIV Feira Tradicional Outrora en Rubián

Seguinte Nova

Conta atrás para a I Festa Irmandiña de Sarria

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss