•Esta iniciativa busca favorecer o achegamento dos escolares ao patrimonio cultural e lingüístico de Galicia

• O pasado 29 de xuño, o Museo do Pobo Galego acolleu a entrega dos premios do X Proxecto Didáctico Antón Fraguas Fraguas, iniciativa promovida pola Fundación Antón Fraguas en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nesta edición, os gañadores foron o CPI Plurilingüe de Vedra e o IES A Pinguela de Monforte. O proxecto Antón Fraguas ten como obxectivo favorecer o achegamento dos escolares ao patrimonio cultural e lingüístico de Galicia.
ARQUEOLOXÍA E ARQUITECTURA TRADICIONAL
O proxecto presentado polo instituto monfortino IES A Pinguela concurriu ao premio co traballo titulado «Figuras de antonte e de onte. Figuras para o mañá». Segundo precisaron os responsables da convocatoria dos premios, a novidade do traballo do instituto monfortino reside en poñer o acento na recollida de manifestacións plásticas na arqueoloxía e na arquitectura tradicional, así como en procurar a súa proxección cara o futuro con novas experiencias artísticas.
Os premios están dotados con 7.000 euros cada un, que se destinarán a materializar os proxectos gañadores durante o vindeiro curso escolar 2016-2017, en colaboración co Museo do Pobo Galego, que acollerá as dúas exposicións resultantes.•