O IES A Pinguela acadou o premio do X Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

•Esta iniciativa busca favorecer o achegamento dos escolares ao patrimonio cultural e lingüístico de Galicia

Imaxe da entrega dos premios do X Proxecto Didáctico Antón Fraguas Fraguas, celebrada no Museo do Pobo Galego o pasado 29 de xuño. GPXG.
Imaxe da entrega dos premios do X Proxecto Didáctico Antón Fraguas Fraguas, celebrada no Museo do Pobo Galego o pasado 29 de xuño. GPXG.

• O pasado 29 de xuño, o Museo do Pobo Galego acolleu a entrega dos premios do X Proxecto Didáctico Antón Fraguas Fraguas, iniciativa promovida pola Fundación Antón Fraguas en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nesta edición, os gañadores foron o CPI Plurilingüe de Vedra e o IES A Pinguela de Monforte. O proxecto Antón Fraguas ten como obxectivo favorecer o achegamento dos escolares ao patrimonio cultural e lingüístico de Galicia.

ARQUEOLOXÍA E ARQUITECTURA TRADICIONAL
O proxecto presentado polo instituto monfortino IES A Pinguela concurriu ao premio co traballo titulado «Figuras de antonte e de onte. Figuras para o mañá». Segundo precisaron os responsables da convocatoria dos premios, a novidade do traballo do instituto monfortino reside en poñer o acento na recollida de manifestacións plásticas na arqueoloxía e na arquitectura tradicional, así como en procurar a súa proxección cara o futuro con novas experiencias artísticas.
Os premios están dotados con 7.000 euros cada un, que se destinarán a materializar os proxectos gañadores durante o vindeiro curso escolar 2016-2017, en colaboración co Museo do Pobo Galego, que acollerá as dúas exposicións resultantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Paco Oti expón este mes en Chantada os seus «Cadriños Bio-Gráficos»

Seguinte Nova

Amplo programa de actos o 14 de xullo na XIV Feira Tradicional Outrora en Rubián

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: