Os deportistas do Neka culminan a tempada con 20 medallas no Torneo de Ourense de Taekwondo

•De 33 participantes do club monfortino, 20 levaron medalla, algunhas para rapaces que se estreaban en competición •O Neka está a abrir medalleiro tamén na modalidade de freestyle, na que acadou dous metais

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O club Neka de Monforte pechou o calendario de competicións cun abultado éxito no XIV Torneo Cidade de Ourense de Taekwondo. Dos 33 participantes do Neka que acudiron á cidade das Burgas, 20 conseguiron subir ao podio, sumando un total de 20 medallas, ademais de acadar a prata na clasificación xeral por equipos.

7 OUROS, DOS QUE 3 FORON PARA DEBUTANTES
O primeiro posto do podio foi ocupado en sete ocasións por deportistas do Neka. Laura Álvarez acadou o ouro cunha actuación “xenial, por algo é a terceira de España”, explicou José Mª Vega, adestrador do club Neka. Tamén conseguiu ouro Marco García, “que foi moi superior aos seus rivais”. Pola súa banda, Carlos Rey logrou un merecido ouro, a pesar da súa lesión. Outro veterán, Carlos Rey, continúa a súa excepcional traxectoria, cun novo ouro que “suma e segue” aumentando o seu palmarés individual. A sorpresa chegou da man de Yeray Rodríguez, Lúa Abeledo e Manuel López, que se estreaban en competición e “non puideron facelo de mellor maneira”, ao conseguir cadanseu ouro no seu debut.

MEDALLAS DE PRATA
As pratas foron conseguidas polo taboadés Dani Areán, “que xa é un fixo dos podios”, suliñou o seu adestrador. Tamén cumpliu Carla Pardo, “unha rapaza que é praticamente medalla en cada campionato”. A estes logros súmase agora José Manuel Ojea, cun “fenomenal” debut en competición, con resultado de medalla de prata.

BRONCES PARA OS DE NEKA
Os subcampións galegos Aitor Teijeiro e Lucía Roca continúan sumando medallas, con cadanseu bronce no Torneo de Ourense. Pola súa banda, Álex Camba logrou subir ao podio a pesar de estar “un pouco tocado” por unha contractura do pescozo, segundo puntualizou o seu adestrador. Vega tamén destacou o traballo de Raúl Vázquez, bronce en Ourense, e o conseguido por Karla Pardo, “unha rapaza cun futuro moi prometedor, e que cada día compite mellor”. Outro dos logros da xornada foi o bronce de Meritxell Varela, que acadou metal “nunha categoría moi difícil”. O éxito do club Neka completouse da man de dous debutantes, o taboadés Mateo Fernández, e David Rivelo, que estrearon competición e podio nunha mesma xornada.

NOVIDADE EN FREESTYLE, CON DÚAS MEDALLAS
Así mesmo, cabe destacar a nova senda que está a abrir o club Neka na modalidade de freestyle, ao acadar dúas medallas na proba de Ourense. A prata lograda por Meritxell Varela e o bronce de Laura Álvarez están a confirmar os bos pasos do equipo monfortino nesta modalidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentan a décima edición do Certame de Investigación Condado de Pallares

Seguinte Nova

Conta atrás para a quinta edición do DHU Vila de Sarria 2016

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: