• Ata o 29 de xullo pode verse na Casa da Xuventude de Chantada a exposición de Paco Oti titulada «Cadriños Bio-Gráficos».
«HUMORISTA CON AFECCIÓN AO DEBUXO E PINTURA», SEGUNDO XAQUÍN MARÍN
Como o definiu Xaquín Marín, Paco Oti «é un humorista con afección ao debuxo e a pintura, e houbo tempos nos que se adicou a esta afección». Logo de empregar o seu talento no mundo do teatro, Paco Oti, que foi animador sociocultural en Chantada durante anos, regresa aos lápices e á creación gráfica, segundo lembra Xaquín Marín no texto que serve de presentación a esta mostra.
Precisamente foi con Xaquín Marín cando Paco Oti presentou os seus primeiros traballos, no ano 1077, na primeira Exposición de Comic de Ferrol. A súa creatividade plasmouse ao longo dos anos en disciplinas como a banda deseñada, o humor gráfico ou o mail art, ademais de realizar pinturas e debuxos. Os seus traballos foron expostos en cidades de toda España e de países como Bélxica, Colombia, Italia ou Alemaña.•