Renovado todo o equipamento do parque de bombeiros de Monforte cun novo camión nodriza

•O vehículo foi financiado con 232.000 euros pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O pasado 4 de xullo, o parque de bombeiros de Monforte recibiu un novo camión nodriza, valorado en 232.000 euros, que foron financiados a partes iguais pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, institucións que integran o Consorcio Provincial de Bombeiros. Según explicou o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, con este novo vehículo o parque de bombeiros monfortino completa a renovación total do seu equipamento contraincendios, logo do investimento doutros 600.000 euros do Consorcio nas últimas anualidades.

O ANTERIOR VEHÍCULO SERVIRÁ PROVISIONALMENTE EN CHANTADA
Campos Conde, que tamén preside o Consorcio Provincial de Bombeiros, explicou que o outro camión nodriza que había no parque monfortino será trasladado “de xeito inmediato” ao parque contraincendios de Chantada, para que poida ser empregado de xeito provisional ata o mes de setembro, data na que se espera que estea reparado o camión propio do parque chantadino, que sufrira un aparatoso sinistro. Conde precisou que o prezo do arranxo deste vehículo ronda os 97.000 euros, asumidos pola compañía aseguradora.

PRÓXIMO PLENO DO CONSORCIO
Durante a entrega do novo camión nodriza en Monforte, Campos Conde anunciou tamén que convocará este mes un Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros para avaliar polo miúdo os medios cos que conta cada un dos seis parques provinciais, así como as súas necesidades, que lle foron trasladadas polos representantes sindicais en varias ocasións.

CAMIÓN CON MÁIS CAPACIDADE QUE O ANTERIOR
A entrega do novo vehículo contou coa presenza da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e do director xeral de Emerxencias, Luis Menor, que destacaron a mellora que suporá este novo equipamento para atender as emerxencias que poidan xurdir nos sete municipios que cubre o parque monfortino, cunha poboación de preto de 32.000 persoas.
O novo vehículo está dotado dunha bomba nutriz pesada, cunha capacidade de 8.000 litros, 500 máis que o tanque do camión anterior.

TOMÉ: “O PARQUE DE BOMBEIROS DE MONFORTE SERÁ DOS QUE TEÑAN O MATERIAL MÁIS MODERNO”
Segundo explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, na entrega do vehículo, con este camión “completamos a dotación do parque de bombeiros de Monforte que atende tamén a outros concellos”. A mellora é significativa, segundo precisou Tomé, porque “non só se completa o equimento, senón que tamén se mellora o anterior camión, xa que este novo vehículo permite a atención directa e tamén abastecer a outros camións, por ter máis capacidade”. José Tomé expresou a súa satisfación pola entrega deste novo vehículo nodriza ao parque de bombeiros de Monforte, porque deste xeito “este será dos parques que conten con material máis moderno”.

MÁIS DE 230 INCIDENCIAS NESTE ANO NO SUR DE LUGO
Os tres parques de bombeiros da zona sur de Lugo, situados en Monforte, Chantada e Sarria, levan atendidas no que vai de ano máis de 230 incidencias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación tratará de activar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Seguinte Nova

Novo éxito da tradicional cita co baloncesto no San Xoán de Sarria

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: