3 millóns de euros para o DepuEmprego, o plan de emprego da Deputación nos concellos

•Todos os concellos da provincia agás o de Lugo poderán contratar novos traballadores para reforzar os servizos •Terán prioridade os candidatos maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidade ou vítimas de violencia de xénero

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde; e o vicepresidente e responsable da área de Emprego, Álvaro Santos Ramos, na presentación do DepuEmprego, o 15 de xullo. GPDL
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde; e o vicepresidente e responsable da área de Emprego, Álvaro Santos Ramos, na presentación do DepuEmprego, o 15 de xullo. GPDL

• Unha vez aprobados os Orzamentos para 2016, o Goberno provincial continúa a poñer en marcha diversas medidas nas diferentes áreas de actuación. A mediados de xullo, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, acompañado do vicepresidente e responsable da área de Emprego, Álvaro Santos Ramos, presentou o DepuEmprego, o Plan de Emprego da Deputación nos Concellos. Esta medida, que supón o quinto impacto económico na provincia dende que tiveron luz verde as contas provinciais deste ano, está dotado de 3 millóns de euros, para promover o emprego nos 66 municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes.

OS CONCELLOS ELIXEN OS PERFÍS LABORAIS, E FAN A SELECCIÓN E CONTRATACIÓN SEGÚN AS SÚAS NECESIDADES
Según explicou Darío Campos, o DepuEmprego implica subvencións entre 27.000 e 67.000 euros para cada concellos, según os criterios de reparto que se veñen aplicando, aproximadamente, para o reparto das achegas do Plan de Obras e Servizos, ou o Servizo de Axuda no Fogar, entre outras subvencións provinciais. Campos Conde precisou que estas axudas servirán para custear os gastos de persoal e da seguridade social dos novos traballadores que cada concello contrate, e que terán como función reforzar a prestacións de servizos municipais. “Como sempre apostei, serán os propios Concellos os que decidirán, en función das súas necesidades, os perfís laborais”, explicou Campos Conde. Estes perfís incluirán dende peóns ata arquitectos, pasando por administrativos ou socorristas, entre outros.
Tamén serán os propios concellos os que farán o proceso de selección e a contratación, aínda que a Deputación establece varios requisitos para favorecer a inclusión social. Así, os concellos deberán primar na contratación a maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidade, e vítimas de violencia de xénero, entre outros colectivos en risco de exclusión.

ADIANTO DO 90% PARA INXECTAR LIQUIDEZ E AXILIZAR A CONTRATACIÓN
O Goberno provincial decidiu conceder estas axudas vía convenio, igual que noutras partidas, como o Servizo de Axuda a Domicilio, ou as achegas para a melloras das sedes electrónicas. As partidas do DepuEmprego contarán cun adianto do 90%, “o que permitirá inxectar de xeito inmediato aos concellos 2,7 millóns de euros, e tamén axilizar a contratación dos novos traballadores.
Darío Campos destacou que “o día da miña toma de posesión como Presidente, destaquei, entre outras cuestións, que quería reforzar as medidas de cooperación cos Concellos e as políticas de emprego na Deputación”. O mandatario provincial suliñou que “este plan cumpre con ambas as dúas apostas”, e lembrou que “en outubro, cando no Parlamento expuxen as liñas do Orzamento da Deputación para 2016, adiantei unha partida de 6 millóns de euros para políticas activas de xeración de emprego nos Concellos da provincia”.

PRETO DE 20 MILLÓNS DE EUROS EN EMPREGO ESTE ANO
Campos Conde explicou que a estes 3 millóns de euros do DepuEmprego haberá que engadir outros 3 millóns para novos plans de traballo. Por outra banda, o LuGoWork conta con 2 millóns de euros da Unión Europea, e hai que sumar o millón de euros para o funcionamento do Centro de Recría e das Residencias, “que xerarán máis postos de traballo na provincia”. Campos Conde lembrou así mesmo que a Deputación segue a executar 10,5 millóns de euros do Ben Empregado, que dá traballo a preto de 500 lucenses. “Con estas cifras, acadaremos un investimento de preto de 20 millóns de euros en emprego este ano”, puntualizou o mandatario provincial. “Así, podemos dicir que a Deputación, como vén a facer en anualidades pasadas con Gobernos progresistas, segue a ser a administración galega que máis inviste en emprego na provincia de Lugo”, apuntou.•

•ACHEGAS POR CONCELLOS NO SUR DE LUGO

• COMARCA DE CHANTADA:
Carballedo (51.470,59 €), Chantada (65.909,09 €), Taboada (49.064,17 €).

• COMARCA DE QUIROGA:
Folgoso do Courel (32.219,25 €), Ribas de Sil (32.219,25 €), Quiroga (44.251,34 €).

• COMARCA DE SARRIA:
O Incio (41.844,92 €), Láncara (46.657,75 €), Paradela (44.251,34 €), O Páramo (39.438,50€), Samos (39.438,50 €), Sarria (65.909,09 €), Triacastela (29.812,83 €).

• COMARCA DE LEMOS:
Bóveda (34.625,67 €), Monforte de Lemos (63.502,67 €), Pantón (51.470,59 €), A Pobra do Brollón (39.438,50 €), O Saviñao (61.096,26 €), Sober (53.877,01 €).•

 

•UGT-Lemos valora positivamente a baixada do paro, aínda que alerta da alta precariedade

•Dende o sindicato UGT-Lemos valoraron positivamente a baixada xeral do desemprego rexistrada na provincia de Lugo, con 1.585 parados menos que o mes pasado no global da provincia, e con 155 desempregados menos no conxunto do sur de Lugo. Esta mellora nas cifras do emprego explícase, según o secretario xeral de UGT-Lemos, Mario Docasar, como consecuencia do periodo estival, “e pasado o verán volveremos a engrosar as cifras do paro”. Aínda así, dende a formación sindical chamaron a atención sobre a “alta contratación en precario”, que afecta ao 93%, o que supón “pan para hoxe, e fame para mañá”, según explicou Mario Docasar.
Ademais, dende UGT-Lemos amosaron a súa preocupación polos máis de 1.700 parados de longa duración, que non teñen traballo nin cobran prestación, sendo máis do 90% maiores de 35 anos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Tradición, artesanía e lecer déronse a man na XIV Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda

Seguinte Nova

A Deputación inviste en Monforte preto de 700.000 euros en emprego, infraestruturas e servizos sociais

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: