A SALA DE EXPOSICIÓNS MANUEL MARÍA DE QUIROGA ACOLLE UNHA MOSTRA DE FOTO DE PERUCHELA E BARUCHO

Ata o venres 19 de agosto, pode verse na Sala de Exposicións Manuel María de Quiroga a mostra de fotografía “Ao redor de nós”, integrada por traballos de Peruchela e Barucho. O obxectivo desta exposición é dar a coñecer a veciños e visitantes diferentes lugares e paisaxe de gran beleza que se atopan na contorna, e poder velos en diferentes épocas do ano.
Na derradeira xornada da exposición, o venres 19 de agosto a partir das 19,30 horas, celebrarase unha pequena xuntanza cos fotógrafos, que liquidarán as láminas expostas entre os interesados presentes na reunión.
Barucho, artesán da madeira e viticultor, colabora con Peruchela nesta exposición, ofrecendo imaxes ideais para trasladar ao lenzo ou o papel por amantes da pintura e o debuxo. Pola súa banda, María del Rocío Rodríguez “Peruchela” , administrativa e informática, desenvólvese como retratista e documentalista, sobre temas relacionados con Galicia, a súa natureza e o seu paisaxe humano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha as actividades de verán nas Piscinas Municipais de Sober

Seguinte Nova

QUIROGA CELEBRARÁ O DÍA DE GALICIA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: