A Xunta incrementará o vindeiro ano un 16% as axudas ao fomento da apicultura

•A conselleira de Medio Rural estivo en Quiroga para visitar unha explotación apícola

A  conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, coñeceu in situ o traballo da explotación apícola Cauru Sociedade Cooperativa Galega, situada en Quiroga. GPCMR.
A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, coñeceu in situ o traballo da explotación apícola Cauru Sociedade Cooperativa Galega, situada en Quiroga. GPCMR.

Quiroga foi a protagonista da visita que a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, realizou a comezos deste mes. A responsable de Medio Rural visitou as instalacións da explotación apícola Cauru Sociedade Cooperativa Galega, e anunciou que a Xunta vai incrementar o ano que vén nun 16% o importe das axudas que destina ao fomento desta actividade. Este ano, foron 13 os beneficiarios das axudas de Medio Rural para a apicultura, cun importe total de 445.896 euros.
Vázquez, que estivo acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, destacou que na próxima convocatoria incluirase, como novidade, a posibilidade de apoiar investimentos relacionados coa loita contra a vespa velutina. Tamén se continuará coas liñas de axudas xa existentes, como a asistencia técnica aos apicultores, a loita contra a varroase e a racionalización da transhumancia. Os beneficiarios destas axudas son titulares de explotacións apícolas, cooperativas, organizacións representativas e asociacións de apicultores.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo para inscribirse na XXV Mostra do Mel de Quiroga

Seguinte Nova

Tradición, artesanía e lecer déronse a man na XIV Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss