• O Concello de Ribas de Sil vén de poñer en marcha unha intensa programación cultural durante os meses de xullo e agosto.
TEATRO CÓMICO PARA ADULTOS O SÁBADO 23 DE XULLO
As vindeiras citas serán o sábado 23 de xullo, con sesión de teatro para adultos no Anfiteatro da Praia Fluvial. A partir das 22 horas, Dinamo Teatro porá en escea a obra “Risas á Galega”, un monólogo cómico onde se analiza a vida dos galegos en canto a cultura, costumes, expresións e tamén a familia. Un show cheo de humor no que todo o mundo se sentirá identificado, xa que todos “somos algo galegos”.
LEMBRANDO A MANUEL MARÍA
O domingo 24 de xullo, tamén no Anfiteatro e ás 20 horas, desenvolverase o espectáculo “O poeta do Miño”, no que o grupo Polo Correo do Vento recreará, con música e xogos, o espíritu literario de Manuel María.
MÚSICA EN DIRECTO
O sábado 30 de xullo, ás 22 horas no Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio poderase disfrutar da actuación musical de César de Centi, que con teclados e baixo aventúrase con estilos que fan chiscadelas ao rock e ao pop.
TEATRO INFANTIL
O domingo 31 de xullo, a partir das 20 horas, e tamén no Anfiteatro da Praia Fluvial, desenvolverase un espectáculo para o público infantil. A compañía Títeres Cascanueces representará a obra “Un cuento viejo vuelto a contar”, no que a lúa e o sol desaparecen misteriosamente, e só un neno pequeno pode rescatalos, baixo o nome de Nenusín.•