•Celebraranse os días 27 de xullo e 9 de agosto de 22,30 a 2,30 horas •Ademais, os días 22 de xullo e 11 de agosto haberá xornadas con inchables

• O verán en Sober conta cunha novidade na programación de ocio organizada dende o Concello. As Piscinas Municipais van acoller, por vez primeira, unha serie de festas nocturnas, abertas a todos os públicos. Ademais, a oferta complementarase con xornadas de inchables.
Según informaron os responsables municipais, as festas acuáticas nocturnas celebraranse os días 27 de xullo e 9 de agosto. As festas comezarán ás 22,30 horas, e rematarán cara ás 2,30 horas. Durante este horario, está permitido o baño nas piscinas municipais, e haberá animación musical, ademais de funcionar o servizo de bar. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explicou que a idea destas festas nocturnas é que «os veciños e veciñas disfruten das nosas piscinas tamén durante as fermosas noites do verán». Guitián destacou que a entrada ás festas nocturnas é «totalmente gratuíta para todos os asistentes», e ademais contará coa presenza de dous socorristas.
Por outra banda, este ano volven as tradicionais xornadas con inchables, que serán os días 22 de xullo e 11 de agosto, de 13 a 22 horas. Ademais, continúan as demais actividades nas piscinas, e as sesións de contacontos celebraranse os días 28 de xullo, e 4, 10 e 18 de agosto.•