As Piscinas de Sober estrean festas acuáticas nocturnas

•Celebraranse os días 27 de xullo e 9 de agosto de 22,30 a 2,30 horas •Ademais, os días 22 de xullo e 11 de agosto haberá xornadas con inchables

As festas nocturnas nas piscinas de Sober desenvolveranse dende as dez e media da noite ata as dúas e media da mañá. (Foto cedida).
As festas nocturnas nas piscinas de Sober desenvolveranse dende as dez e media da noite ata as dúas e media da mañá. (Foto cedida).

• O verán en Sober conta cunha novidade na programación de ocio organizada dende o Concello. As Piscinas Municipais van acoller, por vez primeira, unha serie de festas nocturnas, abertas a todos os públicos. Ademais, a oferta complementarase con xornadas de inchables.
Según informaron os responsables municipais, as festas acuáticas nocturnas celebraranse os días 27 de xullo e 9 de agosto. As festas comezarán ás 22,30 horas, e rematarán cara ás 2,30 horas. Durante este horario, está permitido o baño nas piscinas municipais, e haberá animación musical, ademais de funcionar o servizo de bar. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explicou que a idea destas festas nocturnas é que «os veciños e veciñas disfruten das nosas piscinas tamén durante as fermosas noites do verán». Guitián destacou que a entrada ás festas nocturnas é «totalmente gratuíta para todos os asistentes», e ademais contará coa presenza de dous socorristas.
Por outra banda, este ano volven as tradicionais xornadas con inchables, que serán os días 22 de xullo e 11 de agosto, de 13 a 22 horas. Ademais, continúan as demais actividades nas piscinas, e as sesións de contacontos celebraranse os días 28 de xullo, e 4, 10 e 18 de agosto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ampla programación cultural en Ribas de Sil para os meses de verán

Seguinte Nova

Quiroga estrea unha nova carreira nocturna a finais de xullo

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: