ATA O 4 DE AGOSTO EN MARCHA A CAMPAÑA DE ACES SARRIA «1.000 EUROS EN 60 MINUTOS»

• Dende o 4 de xullo, e ata o 4 de agosto, ACES-Sarria ten en marcha a campaña promocional «1.000 euros en 60 minutos», que cumple a súa terceira edición. O éxito das dúas convocatorias anteriores levou aos comerciantes asociados de Sarria a repetir esta iniciativa, que trata de premiar aos consumidores habituais cun sorteo para optar a un premio de 1.000 euros. Este importe deberá ser consumido polo gañador ou gañadora nos establecementos asociados nun prazo máximo de 60 minutos.
Para participar, só hai que mercar nos establecementos asociados de ACES-Sarria, e cumplimentar os datos persoais e de contacto no seu ticket de compra, e depositalo na correspondente urna de cada establecemento. Con todos os tickets recollidos ata o 4 de agosto, realizarase un sorteo en acto público o venres 12 de agosto ás 18,00 horas. A persoa gañadora deberá realizar as compras ao día seguinte.

28 ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES
Esta campaña conta coa participación de 28 establecementos asociados: A Casa, Ábaco Sistemas Informáticos, Ara Moda, Bambi, Bicarelo, Calzados Chabel, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carlin, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar, Duet Moda, Federópticos Adrián Salgado, Habitat´s Sarria, Herboristería Linva, Xoiería Díaz, Lar de Menchu, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Olver´s Sarria, Óptica Malecón,, Santamarta, Senayo, Slow Dream, Ultreia, Viaxes Ecuador, e Vilamey Complementos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Record de participación na terceira edición do Concurso Nacional Hípico de Saltos de Sarria

Seguinte Nova

NOVO HORARIO DA HORA DO CONTO EN CHANTADA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: