Éxito do IV Rally Turístico Terras do Incio

• 25 vehículos clásicos, procedentes de varios puntos de España, participaron nesta ruta do 6 ao 9 de xullo, percorrendo distintas vilas do sur de Lugo • O evento contou cunha achega de 2.500 euros da Deputación de Lugo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Un total de 25 vehículos clásicos tomaron parte no IV Rally Turístico Terras do Incio, que se celebrou entre o 6 e o 10 de xullo. O evento arrancou en Astorga, onde realizaron unha visita guiada ao Museo do Chocolate. O día 7 a comitiva percorreu Ponferrada e Valdeorras, e o 8 de xullo fixeron parada en Sober, na Olería de Gundivós e o Mirador de Cadeiras. Durante o 9 de xullo, os participantes achegáronse a Monforte e ao Museo do Ferrocarril, e continuaron por A Pobra do Brollón, adegas de Vilachá, O Incio e o pantano de Vilasouto. A xornada rematou na capital provincial, cunha exposición dos vehículos na Praza de San Marcos.
O IV Rally Turístico Terras do Incio contou cunha achega económica da Deputación de 2.500 euros. Según explicou o deputado de Turismo, Eduardo Vidal, este tipo de iniciativas “estimulan a economía e potencian turísticamente a Montaña lucense e a Ribeira Sacra.
Andrés Castro, organizador da proba, precisou que o obxectivo do rally é promocionar as rutas e os tesouros da provincia de Lugo. Castro lembrou tamén a gran exclusividade dos coches participantes, como un Maseratti Vignale, valorado nun millón de euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Promoción turística e gastronómica na Subida a Chantada

Seguinte Nova

O club Neka abre novos horizontes en competición

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: