O conselleiro de Industria gabou en Monforte a aposta de Industrias Losal pola innovación

•Conde visitou as instalacións da empresa decana do calzado en Galicia, que comezou a funcionar en 1899

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, durante a súa visita á empresa monfortina Industrias Losal, acompañado do xerente, Gonzalo López Otero, o 11 de xullo. CEEI
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, durante a súa visita á empresa monfortina Industrias Losal, acompañado do xerente, Gonzalo López Otero, o 11 de xullo. CEEI

• O 11 de xullo, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou as instalacións da empresa monfortina Industrias Losal, a máis antiga de Galicia en funcionamento dentro do sector do calzado. Esta firma, fundada en 1899, segue a ser, segundo afirmou o conselleiro, un «referente» das empresas familiares galegas «que busca crecer nos mercados globais a través da tradición e a innovación, e dun produto diferenciado e de calidade».

«CALIDADE E PERSONALIZACIÓN»
Conde destacou así mesmo o «potencial deste proxecto de quinta xeración», que leva producidos máis de 7.000 modelos de zapatos dende a súa apertura a finais do século XIX. O conselleiro suliñou que «Industrias Losal conseguiu incrementar a súa facturación e o emprego durante a etapa de crise económica mediante a calidade, a personalización e intentando responder a unha demanda moi concreta». Conde afirmou que Industrias Losal «é un exemplo a seguir para converter Monforte na capital do zapato artesanal en Galicia e España». Sinalou que a empresa traballa a través da calidade do produto e investindo en innovación co obxectivo de aumentar a súa facturación nun 20%.

INNOVACIÓN E ESPECIALIZACIÓN
Conde tamén destacou a participación de Industrias Losal no proxecto Protgal, do programa Innterconecta, para a prescrición, deseño e fabricación de calzado para pés con necesidades especiais. Tamén referiuse á iniciativa Handcrafted, que a compañía puxo en marcha recentemente para facer zapatos artesanais a medida, con ferramentas como un dixitalizador 3D que permite tomar medidas exactas de cada pé. “A través da dixitalización, elabora un produto a medida e de calidade artesá que lle permite ter un produto con demanda no mercado e co que poder seguir medrando”, engadiu o conselleiro. Losal produce ao ano entre 9.500 e 10.500 pares de calzado.
O conselleiro destacou que Galicia é terceira na produción de calzado nacional, só por detrás de Valencia e Cataluña. Ademais, lembrou que a exportación deste produto dende Galicia ten medrado un 5% desde 2009. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis de 112.000 euros do POS para arranxar 6 rúas en Monforte

Seguinte Nova

A Xunta aprobou o acordo para a execución de beirarrúas entre Ferreira e o cruce de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss