O deputado socialista Vicente Docasar renuncia a ir nas listas para as autonómicas

•O deputado monfortino anunciou que se incorporará ao seu posto como profesor no IES Daviña Rey o vindeiro curso

O socialista Vicente Docasar, deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE, en imaxe de arquivo dunha rolda de prensa do Grupo Parlamentario socialista. Arquivo EC..
O socialista Vicente Docasar, deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE, en imaxe de arquivo dunha rolda de prensa do Grupo Parlamentario socialista. Arquivo EC.

• O deputado socialista no Parlamento de Galicia, Vicente Docasar, anunciou que non integrará as listas do PSdeG-PSOE ás vindeiras eleccións autonómicas, e volverá ao seu traballo como profesor catedrático no IES Daviña Rey de Monforte.
Docasar anunciou esta decisión a través dun comunicado, ao que titulou significativamente como “Volta ao cole”, en alusión á súa reincorporación ao posto docente no instituto monfortino no mes de setembro. Docasar fará efectiva esta decisión “ao día seguinte” da disolución do Parlamento.
No seu comunicado, Vicente Docasar amosou o seu “orgullo por representar á miña comarca, provincia e ao resto de Galicia” no Parlamento, polo que expresou “a miña enorme gratitude ás persoas que no seu día confiaron en min esta responsabilidade, José Ramón Gómez Besteiro, Pachi Vázquez e Carlos González Santín”.
Durante estes catro anos, Docasar foi portavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento, e responsable desta área na Comisión Executiva Galega do PSdeG-PSOE.

MOTIVO DA RENUNCIA
Docasar lembrou “o traballo intenso e entusiasta” que desenvolveu estes 4 anos en prol dos 15 concellos do sur de Lugo, “aos que tratei de servir con absoluta lealdade e total independencia”, “nun traballo que me levou a percorrer máis de 130.000 quilómetros”. No comunicado, Docasar explica o motivo da súa renuncia. “Implícome ao 100% no que fago, con total dedicación, e non é posible seguir facendo algo así se non me sinto partícipe dos proxectos e das persoas que os encarnan”, precisou. O deputado socialista puntualizou que “sendo así, o máis honesto é dar un paso atrás na política e volver ao hábitat natural, que é o meu traballo docente no IES Daviña Rey”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O club Neka abre novos horizontes en competición

Seguinte Nova

Achega de 300.000 euros da Deputación para que os concellos adapten as sedes electrónicas á nova lei

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss