O Museo Pazo de Tor cumple 10 anos

•Máis de 200 persoas sumáronse aos actos conmemorativos organizados pola Deputación, para celebrar a primeira década dun museo «de referencia» e «visita obrigada» para os visitantes da Ribeira Sacra

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O Museo Pazo de Tor vén de cumplir este mes a súa primeira década como espazo museístico provincial. Con este motivo, a Deputación de Lugo organizou unha serie de actos conmemorativos, ao longo da xornada do 13 de xullo, no que participaron máis de 200 persoas, chegadas de varios puntos da provincia. O organismo provincial ofreceu un servizo gratuíto de autobuses dende os outros tres museos da Rede Museística Provincial, para facilitar a participación da cidadanía nesta efeméride.

GRAN VALOR ARQUITECTÓNICO, ADEMAIS DO MOBILIARIO E AS COLECCIÓNS ARTÍSTICAS QUE CONTÉN
A xornada contou coa presenza en Tor do presidente da Deputación, Darío Campos Conde, que comezou a súa intervención cunha lembranza ao escritor vilalbés Agustín Fernández Paz, recentemente falecido, «pola súa fascinación, dende que era cativo, polas instalacións da Rede Museística Provincial». Campos Conde, que estivo acompañado pola deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a directora da Rede Museística de Lugo, Encarna Lago, tivo unha mención especial para a propietaria da finca de Tor, dona María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga, que doou estas instalacións ao organismo provincial. Campos Conde afirmou que «a xenerosidade de dona María fixo posible que o Pazo de Tor sexa hoxe un referente na divulgación cultural na nosa provincia». O mandatario provincial destacou o valor deste espazo para coñecer «unha das máis importantes mostras da arquitectura galega», ademais do mobiliario e as coleccións artísticas que a familia propietaria foi atesourando ao longo dos séculos.

TOR, UN «VALOR ENGADIDO PARA A RIBEIRA SACRA E Á SÚA DECLARACIÓN COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE»
Darío Campos suliñou que o Museo Pazo de Tor é «visita obrigada para todos os que se achegan á Ribeira Sacra lucense, ademais dun valor engadido da zona para merecer a súa declaración como Patrimonio da Humanidade».
Así mesmo, o presidente da Deputación agradeceu a todos os colectivos e traballadores da Rede Museística Provincial «o intenso traballo» que levaron a cabo neste Pazo nos últimos dez anos, e que «converteron a Tor nun dos museos de referencia no país».

ACTOS FESTIVOS
Na xornada de celebración polos dez primeiros anos do Museo Pazo de Tor, os numerosos asistentes disfrutaron do programa de actos organizado polo organismo provincial para esta conmemoración. A primeira hora, os asistentes participaron na elaboración do pan que se degustou no xantar campestre posterior, que se acompañou dunha degustación de viños da Ribeira Sacra. Ademais, leváronse a cabo varias visitas guiadas polas instalacións de Tor, ademais da inauguración de «Tor Oculto».
A xornada rematou cunha sesión musical, a cargo do grupo Gin Toni’s.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

PRESENTACIÓN DA REVISTA ALICERCES NO CÍRCULO SAVIÑAO

Seguinte Nova

Chantada acolle ata fin de mes unha exposición antolóxica de escultura de Eduardo R. Osorio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: