O verán, tempo de campamentos no sur de Lugo

•A directora xeral de Xuventude visitou o campamento xuvenil desenvolvido no Poboado dos Peares •Este campamento é o único da programación de verán con clases e actividades en inglés todos os días

A visita da directora xeral de Xuventude ao campamento do Poboado dos Peares tivo lugar a comezos deste mes de xullo. GPXG.
A visita da directora xeral de Xuventude ao campamento do Poboado dos Peares tivo lugar a comezos deste mes de xullo. GPXG.

• O Poboado dos Peares acolle este mes o “Adventure Camp”, o único campamento xuvenil da Campaña de Verán da Xunta de Galicia que inclúe clases e actividades en inglés todos os días. Este campamento desenvólvese en catro quendas, ata o 8 de agosto, e nel participan un total de 200 rapaces e rapazas entre 9 e 14 anos.
Según lembrou a directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, na súa visita a Os Peares o pasado 4 de xullo, os participantes neste campamento, ademais do inglés, realizan probas de orientación e gps, rappel, tiro con arco, kaiak, paddleboard, aula de natureza, nodería, piscina, papaventos de fío e rutas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha as Rutas do Románico por Pantón

Seguinte Nova

Xunta e Concello de Sober asinaron o convenio para o saneamento de tres núcleos da parroquia de Bolmente

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: