• O Concello de Monforte vén de organizar no Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez a cuarta edición do Obradoiro de Verán Música e Baile. Esta iniciativa desenvolverase do 18 ao 26 de agosto, en horario de 10 a 13 horas.
O Obradoiro de Verán ofrece en música talleres de improvisación e creación musical moderna, percusión moderna e tradicional galega, guitarra, piano, violín, gaita, saxofón, clarinete, trombón, trompa, trompeta, tuba, frauta e bombardino.
Dentro da modalidade de música e baile, o programa inclúe música e movemento con hip-hop, para nenos e nenas de 5 a 9 anos. Tamén en baile, o Obradoiro de Verán inclúe ballet clásico a partir de 6 anos, danza moderna a partir de 9 anos, danza tradicional galega para todas as idades, e baile de salón para adultos.
O prezo da matrícula é de 25 euros, cun máximo de tres modalidades. En todas as actividades hai grupos según nivel: iniciación, básico, de reforzo e avanzado.
As inscricións realizaranse ata o 12 de agosto na Secretaría do Conservatorio.•
Últimas noticias sobre CULTURA
A Rede Museística Provincial de Lugo, vinculada á área de Cultura da Deputación de Lugo, presenta
O pasado 16 de novembro, o Casino de Chantada, acolleu a presentación da novela «Pronto hei
Nunha emotiva cerimonia na antiga casa consistorial de Carracedo, en Láncara, a cantante María Xosé Silvar,