O Concello de Quiroga vai celebrar, o vindeiro luns 25 de xullo, o Día de Galicia cunha recepción oficial na Casa do Concello, ás 13,15 horas, aos colectivos culturais da vila. A continuación, sobre ás 13,30 horas, terá lugar diante do Concello unha actuación de música tradicional, neste caso a cargo do grupo de gaiteiros Os Palletas. (Foto: Arquivo EC).