Quiroga estrea unha nova carreira nocturna a finais de xullo

•A I Night Trail Quiroga celebrarase o 30 de xullo a partir das 22 horas, con proba para categorías menores e tamén unha andaina

• Un novo circuíto de carreiras populares vaise estrear en Quiroga este mes. A I Night Trail Quiroga propón unha carreira e andaina para todas as idades en horario nocturno, que se celebrará o sábado 30 de xullo a partir das 22 horas.

TRAZADOS DA CARREIRA-ANDAINA ABSOLUTA
A saída terá lugar dende a Praza de España, ás 22 horas para as categorías menores, e ás 22,15 horas para a proba absoluta. O Haberá dous percorridos, de 8 quilómetros con 254 metros de desnivel, e outro de 16 quilómetros, este con 663 metros de desnivel. Están abertos a todos os públicos, e poden realizarse correndo ou ben andando. Ambos percorridos inclúen tramos urbanos e naturais, sempre evitando no posible o asfalto, para disfrutar da natureza en plena noite.

PERCORRIDOS DAS CATEGORÍAS MENORES
Os trazados para as categorías menores irán dende os 100 metros para os pitufos (nados en 2012 e posteriores) ata os 1.000 metros para os alevíns (nados en 2005 e 2006). Para participar nas probas de 8 e 16 quilómetros, será preciso ter cumplidos os 18 anos ou presentar autorización dos pais e nais.

MATERIAL OBRIGATORIO
Os participantes deberán levar, ademais do correspondente dorsal, un material obrigatorio, composto por frontal, luz vermella traseira, pilas de recambio, e teléfono móbil encendido e con batería suficiente. Os dorsais entregaranse o mesmo día da carreira, na Praza de España, pola mañá de 12 a 14 horas, e pola tarde dende as 19 ata as 21,45 horas. Haberá un posto de avituallamento líquido e sólido na metade da carreira e no punto de meta.

MEDALLAS E PREMIOS
En canto aos premios, ao tratarse dunha proba participativa e popular, todos os participantes das categorías menores recibirán unha medalla. Ademais, haberá en todas as categorías trofeos para os tres primeiros clasificados nas modalidades masculina e feminina. Así mesmo, haberá trofeo para o club máis numeroso, e para o participante máis veterano.

INSCRICIÓNS ATA O DÍA 27
Ata o día 27 pódense formalizar as inscricións para esta singular proba na web www.championchipnorte.com, ou no Concello de Quiroga en horario de mañá. Para consultar prezos e inscribirse, hai que entrar en www.championchipnorte.com.•

CARREIRA SOLIDARIA EN ESCAIRÓN

•O 6 de agosto, Escairón acollerá a carreira solidaria «#1,2,3 a Correr», a beneficio da Cruz Vermella.
A carreira partirá da Praza Maior de Escairón ás 10 horas para a categoría de adultos, e ás 11,30 horas as categorías infantís.
O trazado da proba absoluta inclúe un percorrido de 8 quilómetros. Ao tratarse dunha carreira solidaria, establécense unha cuota de 5 euros de inscrición para os adultos, dos que 3 euros destinaranse á Cruz Vermella. As inscricións infantís teñen un importe de 1 euro, donado polo Concello de O Saviñao. As inscricións deberán formalizarse a través da web www.123acorrer.es, onde se poderán ver todas as fotos da carreira.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As Piscinas de Sober estrean festas acuáticas nocturnas

Seguinte Nova

Promoción turística e gastronómica na Subida a Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: