Record de participación na terceira edición do Concurso Nacional Hípico de Saltos de Sarria

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

•Durante a fin de semana do 8 ao 10 de xullo, Sarria foi a capital da hípica galega coa celebración do Concurso Nacional de Saltos.

RECORD DE PARTICIPACIÓN NESTA TERCEIRA EDICIÓN
A terceira edición da proba sarriana reuniu a 160 xinetes e 180 cabalos, nun record de participación deste evento, co que arranca a Ruta Astur Galaica 2016. Xinetes procedentes de Portugal, País Vasco ou Madrid tomaron parte nas 18 probas deste Concurso Nacional Hípico de Saltos, que está a converterse nunha reunión deportiva referente en Galicia.

PROMOCIONAR O CAMIÑO DE SANTIAGO E A VILA DE SARRIA
Ademais do número de participantes, estímase que asistiron á proba preto de 20.000 persoas, ao longo dos tres días de competición. Por outra banda, este evento xerou preto de 900 reservas hoteleiras en toda a comarca.
Un dos obxectivos do Concurso Nacional Hípico de Saltos de Sarria é dar a coñecer a vila xacobea, así como promocionar o Camiño de Santiago e a súa singularidade ao seu paso por Sarria.

APOIO PROVINCIAL A ESTE EVENTO
A terceira edición do Concurso Nacional Hípico de Saltos de Sarria contou co apoio da Deputación de Lugo, que aportou unha achega económica de 1.800 euros dende a área de Deporte. Pola súa banda, a área de Cultura do organismo provincial colaborou tamén con este evento, cedendo pezas de artesanía elaboradas polo alumnado do CENTRAD, e que foron entregadas como trofeo aos gañadores das diferentes categorías. Así mesmo, a Fundación TIC colaborou a través da realización dunha reportaxe que se difundiu polas redes sociais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Achega de 300.000 euros da Deputación para que os concellos adapten as sedes electrónicas á nova lei

Seguinte Nova

ATA O 4 DE AGOSTO EN MARCHA A CAMPAÑA DE ACES SARRIA «1.000 EUROS EN 60 MINUTOS»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss