•O importe é de algo máis de 400.000 euros •Permitirá dotar de saneamento e depuración a Ferrón, A Igrexa e O Pinar
• A comezos deste mes, tivo lugar en Santiago a sinatura dun convenio entre Xunta e Concello de Sober para dotar de saneamento e depuración a tres núcleos da parroquia soberina de Bolmente. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, asinaron o documento, polo que se destinan algo máis de 400.000 euros á dotación destes servizos nos núcleos de Ferrón, A Igrexa e O Pinar, que na actualidade só contan co servizo de abastecemento. Este orzamento está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).•