O sindicato UGT-Lemos valorou positivamente esta baixada do paro, que explican polo tirón da hostelería e do comercio na época estival. Segundo esta formación sindical, a maior diminución do desemprego produciuse no municipio de Monforte, no que se rexistraron 124 parados menos, aínda que todos os concellos do sur lucense viron baixar as súas cifras de paro. Por exemplo, en Sober a baixada foi do 18,8%, e en Ribas de Sil do 12,3%. Por sectores, foron os servizos os que máis emprego xeraron, xa que deron traballo a 192 persoas no sur lucense. A pesares destas cifras, dende UGT-Lemos amosaron a súa “preocupación polo aumento da precariedade laboral, da desigualdade e da pobreza laboral”. •