Logo de aprobar os Orzamentos de 2016 no mes de xuño, o Goberno provincial vén de inxectar na provincia máis de 15 millóns de euros durante o mes de xullo. “O presidente da Deputación tiña marcado como obxectivo achegar a todos os Concellos 11 millóns de euros en xullo, e superamos este investimento”, explicou o voceiro do equipo de Goberno, Álvaro Santos Ramos.
Entre os máis destacados, Santos destacou os investimentos do Plan de Obras e Servizos 2016, dotado con 5,5 millóns de euros para 87 obras en todos os Concellos, así como o Plan de aforro enerxético, dirixido aos 66 Concellos de menos de 20.000 habitantes, dotado con 1,5 millóns de euros. Por outra banda, aprobouse o plan de Axudas ao Fogar, que conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros para reforzar e mellorar o Servizo a Domicilio en 66 Concellos “que non reciben nin un só euro por parte da Xunta de Galicia”, destacou Santos Ramos.
Así mesmo, o voceiro provincial suliñou a posta en marcha do DepuEmprego,o plan de emprego da Deputación nos Concellos, que conta con 3 millóns de euros, ademais das 128 axudas aprobadas, dotadas con 1,4 millóns de euros, para Concellos, asociacións e entidades sen ánimo de lucro coas que impulsar a súa actividade para o fomento do emprego e da economía da provincia.
No eido tecnolóxico, aprobouse o Plan de mellora nas Sedes Electrónicas dos Concellos, dotados con 300.000 euros, para adaptalas á lei que entrará en vigor a finais deste ano. En servizos, destaca a posta en marcha do Plan de Roza das estradas provinciais, con 700.000 euros.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa