• A programación cultural continúa no Círculo Saviñao durante o mes de agosto. O venres 5 de agosto, a partir das oito, o grupo Lucecús Teatro porá en escea o espectáculo “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna”. A obra, baseada en textos de Manuel María, está dirixida por Rubén Pérez, e conta no reparto con Isa Herrero e Anxo Manoel.
A partir do día 14 deste mes, e ata o 11 de setembro, poderá verse a exposición de pintura de Alejandro Ciurlini. A inauguración será o domingo 14 ás oito e media da tarde.
A música volverá ao Círculo Saviñao a comezos de setembro. O dúo Soul&Rock actuará en Escairón o sábado 10 de setembro, a partir das once da noite, con entrada libre.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco